Os movementos migratorios na LIX. XIV Xornadas GÁLIX. DESFACENDO A RAIA

Publicado por GÁLIX | 13.2.25 Deixa un comentario

 

Os pasados 29 e 30 de xaneiro e 5 de febreiro celebramos, no Salón de actos do Salón de actos da Facultade de Ciencias da Educación de Santiago de Compostela, as XIV Xornadas GÁLIX que, nesta ocasión, versaron sobre Os movementos migratorios na LIX. Esta actividade que conta coa axuda do Ministerio de Cultura e a OEPLI.


As nenas e nenos buscan, por propia iniciativa, lecturas, información en calquera soporte ou formato, que responda aos seus intereses e á súa curiosidade.

Sabemos que a lectura é un elemento de transformación social e de pensamento e nós, como mediadores, debemos fornecer ao lectorado máis novo de libros de calidade nos que apoiarse para para entender o mundo que nos rodea, para coñecer e valorar a nosa cultura e para abrir os ollos e a mente ante outras culturas, outras formas de vivir e de pensar. Para formarse como persoas libres, abertas e solidarias.

Dividimos esta actividade en tres sesións dedicadas, a primeira á narrativa con Lois Pérez, Rosa Aneiros e Beatriz Maceda, dúas escritoras e un escritor que trataron o tema nalgúns dos seus libros. Na segunda sesión Susana Suniaga, Iago Nicolás e Laura Rodríguez analizaron o tema das traducións que permiten que, dende as primeiras lecturas, teñamos acceso á literatura universal sobre o tema na nosa propia lingua. E na terceira Marta Neira, Celia Díaz e Carlos Labraña falaron do teatro, da literatura dramática e a súa potencialidade para tratar temas espiñentos coas nenas e nenos.

Para complementar esta actividade fixemos unha escolma de libros en galego que poidan ser de utilidade para as persoas mediadoras, ou a calquera que sinta interese polo tema, e que está dispoñible para a súa descarga na rede.

Publicación máis recente Publicación máis antiga

0 comentarios:

[Comentario blog]