Aberto o prazo de presentación para o Premio Fina Casalderrey de Literatura Infantil pola Igualdade que ven sendo convocado por Baía Edicións, coa colaboración da Secretaría Xeral da Lingua, desde o ano 2018 como recoñecemento ao labor da autora a prol da igualdade entre nenas e nenos e co obxectivo de promover a educación non sexista.
Ao certame poderán presentarse obras que atendan ao concepto de literatura infantil non sexista e coeducativa.
Deberán ser:
Textos inéditos e non premiados.
Escritos en galego normativo.
Extensión máxima de 5.000 caracteres.
O premio, único, ten unha dotación económica de 2.500 €.
A obra premiada será publicada por Baía Edicións como álbum ilustrado.
O prazo de recepción de obras remata o 8 de marzo de 2025.
Acceso ás bases completas na páxina da editora.
0 comentarios:
[Comentario blog]