Confírmase a candidatura de Fina Casalderrey ao Astrid Lindgren Memorial Award (ALMA) 2025, un premio outorgado anualmente polo goberno sueco coma homenaxe á creadora de Pippi Mediaslongas, no que se recoñece o traballo dos diversos actores que conforman o mundo do libro infantil e xuvenil e pode recaer tanto nunha organización coma nun persoa individual.
Un total de 265 candidatos de 72 países foron nomeados para o premio 2025, incluíndo autores e ilustradores, así como contacontos e promotores da lectura.
GÁLIX presentou a candidatura de Fina Casalderrey como autora de referencia na literatura infantil e xuvenil galega e polo seu labor constante a prol da cultura e a lingua galega. A obra de Fina abrangue todos os xéneros, aínda que centrou o seu interese na necesidade de referentes literarios do lectorado infantil e xuvenil.
Como figura literaria é coñecida e respectada dentro e fóra de Galicia, recibiu numerosos premios, incluído o Nacional, e as súas obras foron traducidas ás linguas peninsulares, incluído o portugués, e tamén ao Braille, francés, inglés, chinés, serbio, ilaliano, córnico ou bretón.A OEPLI e as súas seccións presentan, en común, a candidatura da escritora galega, Fina Casalderrey, na categoría de autora de literatura infantil e xuvenil. Presentou tamén a candidatura de Elena Odriozola na categoría de ilustradora de literatura infantil e xuvenil
0 comentarios:
[Comentario blog]