Premios Merlín e Jules Verne 2024

Publicado por GÁLIX | 10.6.24 Deixa un comentario

 

O pasado sábado, 8 de xuño, déronse a coñecer os Premios LIXG de Xerais do ano 2023, dotados con 10.000 euros cada un.


A obra Milú e o edificio das persoas extraordinarias, de Abel Tomé é a gañadora, co voto unánime do xurado, da XXXIX edición do Premio Merlín. De entre as 34 obras presentadas, o xurado considerou o texto premiado como unha luminosa fábula social, con reminiscencias rodarianas, sobre o poder da imaxinación infantil para soñar un mundo mellor.

Raquel Fernández Fernández gañou o O XVI Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil coa obra titulada I´m Obélix na que o xurado valorou forza do argumento, a axilidade, o manexo da lingua e as continuas referencias a cómics e videoxogos e o ritmo que a autora consegue manter ao longo de toda a novela, ademais doutras características polas que destaca entre os 34 orixinais presentados.

O premio Xerais de novela 2024 correspondeu á obra Detective Ferruchi, de Marta Villar.

Publicación máis recente Publicación máis antiga

0 comentarios:

[Comentario blog]