A
Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG)
celebrará o o sábado 15
de xuño, en Santiago
de Compostela,
a
XXX edición da "A/O
Escritor/a na súa Terra - Letra E"
que este ano homenaxea a
Euloxio
R. Ruibal
e no que intervirán Goretti
Sanmartín,
Alcaldesa
de
Santiago de Compostela,
e Cesáreo Sánchez Iglesias, presidente da AELG.
A Vicepresidencia
da AELG
Beatriz
Maceda Abeleira,
ocuparase da lectura
da concesión da Letra E
A laudatio do
autor estará a cargo da escritora,
Inma
López Silva.
.
O acto comezará cara as 11:30 h. co descubrimento do monólito conmemorativo e plantación dunha abeleira no Parque de Galeras (Santiago de Compostela) .
Ao rematar, o acto trasladarase ao Teatro Principal (Rúa Nova, 21), onde escoitaremos a laudatio e se fará entrega a Euloxio R. Ruibal da peza escultórica que representa a "Letra E"
Ás 14.30 haberá un xantar de confraternidade no Hotel Compostela (Rúa do Hórreo, 1)
Todas as persoas interesadas en compartir este día con Euloxio R. Ruibal, deberán inscribirse a través da oficina@aelg.org antes do 10 de xuño.
0 comentarios:
[Comentario blog]