Este prestixioso galardón, o máis antigo na literatura infantil e xuvenil española, foi convocado polo extinto Instituto Nacional del Libro Español, no ano 1958 na súa tripla modalidade de escritores, ilustradores e editores, co obxectivo de estimular a produción de bos libros infantís e xuvenís. É un dos poucos premios independente de calquera selo editorial que gañaron prestixiosos escritores/as e ilustradores/as da literatura infantil e xuvenil española.
Dende o año 1986 é a OEPLI a encargada de convocalos anualmente nas súas dúas modalidades: Álbum Ilustrado e Creación Literaria.
Co obxectivo de estimular a produción de bos álbums ilustrados destinados ao público infantil e xuvenil e estimular a produción de libros de calidade, especialmente destinados ao público infantil, a Organización Española para el Libro Infantil y Juvenil (OEPLI), que inclúe as seccións de ámbito lingüístico GÁLIX, Galtzagorri, ClijCat e Consejo, e co patrocinio do Ministerio de Cultura e Deporte e de McDonald’s, convoca os Premios Lazarillo 2023.
Este certame de Literatura Infantil e Xuvenil, o máis antigo do Estado español para o lectorado máis novo, ten a particularidade de estar aberto á participación de obras escritas en calquera das linguas do estado.
Álbum Infantil e Xuvenil Ilustrado
Para obras orixinais e inéditas.
Destinadas ao público infantil ou xuvenil.
Formato máximo, DIN A-2.
Extensión máxima de 32 páxinas.
Cunha dotación de 6.000€
O prazo de entrega remata o 30 de outubro de 2024.
Creación Literaria, modalidade xuvenil
Para obras orixinais e inéditas.
Escritas en calquera das linguas oficiais do estado.
En calquera xénero literario (narrativa, poesía ou teatro)
Destinadas ao lectorado infantil, menor de 11 anos.
O premio ten unha dotación de 6000€.
O prazo de entrega remata o 30 de setembro de 2024.
0 comentarios:
[Comentario blog]