O Día Mundial do Libro e do Dereito de Autoría foi fixado pola UNESCO en 1995, o 23 de abril, para conmemorar a morte de Cervantes, Shekaspeare e o o Inca Garcilaso. e coa intención de render homenaxe aos libros e ás persoas que os crean, e recoñece neles o valor da creatividade e a diversidade, o seu papel na consecución da igualdade no acceso ao coñecemento e como ferramenta contra a pobreza e a intolerancia.
Co obxectivo de garantir que todo o mundo teña acceso ao coñecemento e á cultura, a UNESCO designa cada ano unha Capital Mundial do Libro. Estrasburgo é a cidade escollida como Capital Mundial do Libro 2024, referente da cultura e a literatura universal polo seu patrimonio literario e a organización de actividades que combinan a literatura con outras disciplinas artísticas, como a música, o teatro e a ilustración.
0 comentarios:
[Comentario blog]