Aberto o prazo para participar nos premios de Xerais

Publicado por GÁLIX | 2.1.24 Deixa un comentario

 

Está aberto o prazo para concorrer á convocatoria dos premios de Literatura infantil e xuvenil de Edicións Xerais de Galicia para o ano 2024.


  • 39ª edición do Premio Merlín de Literatura Infantil.

    Para obras inéditas e orixinais.

    Escritas en galego normativo.

    Dirixido ao lectorado infantil

    Cunha dotación de10.000 €

    O prazo de entrega de orixinais remata o 18 de marzo de 2024

     

  • 16ª edición do Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil.

    Para textos orixinais e inéditos.

    Presentados en lingua galega, conforme á normativa vixente.

    Dirixidos ao lectorado xuvenil.

    Cunha dotación de10.000 €

    O prazo de entrega de orixinais remata o 18 de marzo de 2024.

     

Podes consultar as bases na propia web da editorial.




Publicación máis recente Publicación máis antiga

0 comentarios:

[Comentario blog]