GÁLIX TEN NOVA DIRECTIVA

Publicado por GÁLIX | 2.8.23 Deixa un comentario

 

Na asemblea do pasado día 22, celebrada nas instalacións da Cidade da Cultura, o editor e escritor David Cortizo, cunha ampla traxectoria no ámbito editorial, asumiu a presidencia de GÁLIX (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil) en substitución de Xosé A. Perozo, quen exerceu o cargo dende 2016.

 

 

O balance presentado pola directiva saínte foi valorado moi positivamente tanto nos aspectos de execución de actividades habituais e proxectos xerados como na situación económica da asociación á que pertencen a maior parte dos profesionais da LIX galega.


A nova directiva supón unha renovación xeracional e tamén unha continuidade co labor desenvolvido pola asociación dende o seu nacemento no 1989 co obxectivo de defender e promover a cultura e lingua galegas a través da literatura infantil e xuvenil.

Xosé Antonio Perozo, levaba como presidente de GÁLIX desde 2016; foi tamén presidente da OEPLI (Organización Española para o Libro Infantil e Xuvenil) entre 2016 e 2019. En xuño de 2023 presentou a súa dimisión como presidente, aínda que se comprometeu a apoiar e asesorar no que fora preciso ao novo equipo.


 

Publicación máis recente Publicación máis antiga

0 comentarios:

[Comentario blog]