martes, 30 de maio de 2023

A nosa biblioteca (347)

 


Cheg
ou á Biblioteca de GÁLIX unha novidade de Baía Edicións:

  • Unha boa gatucada!



Título: Unha boa gatucada!

Ilustracións: Gaia González e Ana Pillado

Editorial: Baía

+ info: https://baiaedicions.gal/infantil-xuvenil/573-unha-boa-gatucada.html

luns, 29 de maio de 2023

A nosa biblioteca (346)


Recibimos, como
doazón da Editorial Galaxia para a  Biblioteca de GÁLIX:

 

 

 

 

  • A caca cuca

  • Laura e a randeeira espacial

  • Caderno de cores e cancións

  • Vou

  • A dona de Auria

  • Valdemuller



Título
: A caca cuca viaxa a U.K.

Texto: Irene Alonso Gasalla

Ilustración: Mariña Rey Noya

Editorial: Galaxia

Colección: Álbums

+ info: https://editorialgalaxia.gal/produto/a-caca-cuca-viaxa-a-u-k/

 

Título: Laura e a randeeira espacial

Texto: Rocío Ovalle

Ilustración: Nuria Díaz

Editorial: Galaxia

Colección: Álbums

+ info: https://editorialgalaxia.gal/produto/laura-e-a-randeeira-espacial/



Título: Caderno de cores e cancións

Texto e música: Magín Blanco

Ilustración: Sonia García

Editorial: Galaxia

Colección: Sonárbores

+ info: https://editorialgalaxia.gal/produto/caderno-de-cores-e-cancions/


Título: Vou

Texto: Elena Andrés

Ilustración: Elena Andrés

Editorial: Galaxia

Colección: Álbums

+ info: https://editorialgalaxia.gal/produto/vou/




Título: A dona de Auria

Texto: Andrés Pombo Graña

Editorial: Galaxia

Colección: Costa Oeste

+ info: https://editorialgalaxia.gal/produto/a-dona-de-auria/


Título: Valdemuller

Texto: Xosé Antonio Neira Cruz

Editorial: Galaxia

Colección: Costa Oeste

+ info: https://editorialgalaxia.gal/produto/valdemuller/

PREMIO O BARCO DE VAPOR 1997


sábado, 27 de maio de 2023

Presentación en Santiago de O moucho voa. Filosofía en 25 conversas de Miguel Vázquez Freire

 

Miguel Vázquez Freire, presenta o seu libro O moucho voa. Filosofía en 25 conversas, o  vindeiro mércores, 31 de maio, ás 19:30.

 Vázquez Freire,profesor de filosofía, membro fundador de Nova Escola Galega, crítico e comentarista de literatura infantil en diversas publicacións e promotor do congreso de Pedagoxía da Imaxe Pé de Imaxe, pretende, con este libro, introducir a mocidade na filosofía a través de 25 conversas, amenas e desenfadadas.

O autor estará acompañado por Eva Garea, profesora de de Filosofía no IES Xelmirez e membro do grupo Nexos de didáctica da filosofía.

Tamén estará con eles Xosé Gándara, membro do Ateneo de Santiago.

Novas na rede:

 

 

 


venres, 26 de maio de 2023

Fina Casalderrey, Escritora na súa Terra.

 

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) celebrará o o sábado 10 de xuño, en Pontevedra,a XXIX edición da "A/O Escritor/a na súa Terra - Letra E" que este ano homenaxea a Fina Casalderrey e no que intervirán Miguel Anxo Fernández Lores, alcalde de Pontevedra e Cesáreo Sánchez Iglesias, presidente da AELG. A laudatio da autora estará a cargo da profesora e experta en literatura infantil e xuvenil, Montse Pena Presas.


O acto comezará cara as 11:30 h. co descubrimento do monólito conmemorativo e plantación dun un acivro, a árbore da autora, na Ponte da Palabra (Pontevedra).

Ao rematar, o acto trasladarase ao Teatro Principal, onde escoitaremos a laudatio de Montse Pena Presas e se fará entrega a Fina da da peza escultórica que representa a "Letra E"

Ao rematar, o acto trasladarase ao Teatro Principal, onde escoitaremos a laudatio de Montse Pena Presas e se fará entrega a Fina da da peza escultórica que representa a "Letra E"

Ás 14.30 haberá un xantar de confraternidade no Liceo Casino de Pontevedra

Todas as persoas interesadas en compartir este día con Fina Casalderrey, deberán inscribirse a través da oficina@aelg.org antes do 5 de xuño.

xoves, 25 de maio de 2023

EDUCACIÓN, XÉNERO E LECTURA. Conformar, Reformar, Transformar. Exposición no MUPEGA

Este venres, 26 de maio, ás 12:30 horas, na Sede do MUPEGA (Museo Pedagóxico de Galicia) en Santiago de Compostela. terá lugar o acto inaugural da exposición "EDUCACIÓN, XÉNERO E LECTURA" (Conformar, Reformar, Transformar) comisariada por Rita Gradaílle Pernas e Antón Costa Rico.

O papel que se lle apón ás mulleres nos libros de texto e parte da literatura infantil e xuvenil é o tema central desta exposición, que ficará aberta ata finais de ano.