martes, 28 de marzo de 2023

Na nosa biblioteca (333)


Chegaron n
ovidades da Hércules Edicións como doazón para a Biblioteca de GÁLIX :

  • A pantasma colorida

  • Mortiña. Unha sorpresa marabillosa

  • Paco del Riego. Un home irrepetible

Título: A pantasma colorida

Texto: Gema García

Ilustracións: Rocío Pedreira

Editorial: Hércules Edicións

Colección: Novas lecturas



Título: Mortiña. Unha sorpresa marabillosa

Texto: Barbara Cantini

Ilustracións: Barbara Cantini

Tradución: Rosa Marta Gómez e Manuel González

Editorial: Hércules Edicións

Colección: Novas lecturas

+ info: https://www.herculesediciones.com/libros/mortina-unha-sorpresa-marabillosa/




Título: Paco del Riego. Un home irrepetible

Texto: Blanca-Ana Roig Rechou

Editorial: Hércules Edicións

Colección: Unidades didácticas das Letras Galegas

luns, 27 de marzo de 2023

Xornada formativa: Un bosque cheo de libros. A literatura infantil e xuvenil en galego na actualidade.

Este venres, 24 de marzo, asistimos á xornada formativa "Un bosque cheo de libros. A literatura infantil e xuvenil en galego na actualidade" organizada dende a Biblioteca de Galicia. onde podemos aínda visitar a exposición "Unha árbore de historias. Cen anos de literatura infantil e xuvenil en galego" comisariada pola profesora Montserrat Pena Presas.

Na inauguración do acto Anxo Lorenzo, Secretario xeral de Cultura, falou do valor da lectura, da importancia da LIX na actualidade, dos libros publicados e agradeceu o labor discreto e constante de GÁLIX. 

Fina Casalderrey e Montse Pena Presas mantiveron unha animada e amena conversa sobre a lectura e a literatura e compartiu connosco o seu coñecemento, a súa experiencia e as súas opinións. Falounos dos carapuchólogos que, en cada época tratan de adaptar as historias á ortodoxia do momento e da capacidade da literaturae dos contos para coñecer a historia, como se vivía naqueles tempos, que se valoraba...

Na mesa sobre narrativa coincidiron en que se trata dun xénero consolidado. Ana Luna fixo un breve e completo percorrido pola historia e o presente da tradución ao galego. Paz Pereiro informou sobre as preferencias do lectorado, o nivel de lectura e as accións de mediación da Asesoría de bibliotecas escolares e das bibliotecas dos centros educativos. Andrea Maceiras destacou o labor das bibliotecas na mediación e na descuberta libre de lecturas. Maceiras considera que gozamos dun sistema literario diverso e de gran calidade. Libre e valente.

Na segunda mesa destacaron a calidade e a innovación da poesía infantoxuvenil galega. Anxos Rial afirmou que a poesía é a linguaxe natural da adolescencia, aínda que eles non o saiban e aportou xeitos de familiarizar á rapazada coa poesía. Antonio García Teijeiro afirmou que cre no poder transformador da poesía, na que calquera pode identificar os seus sentimentos.

María J. Caamaño, Roberto Pascual e Paula Carballeira falaron de teatro. A profesora Caamaño fixo un percorrido pola literatura dramática infantil galega ata a actualidade e falou dos premios de teatro infantil en Galicia. Pascual falou de experiencias internacionais de teatro infantil para a infancia. Paula Carballeira, que rematou a sesión da mañá, indicou que o teatro é o mellor dos medios para a transmisión da lingua e a cultura e afirmou que as obras dramáticas están pensadas para ser representadas, pero que tanto o teatro coma a narración oral son artes efímeras que so permanecen cando se publican.

Pola tarde Eva Mejuto falounos do álbum ilustrado como traballo colaborativo onde o texto e a imaxe crean unha unidade; un xénero para todas as idades no que se poden tratar todos os temas e comentou a ausencia de álbums que traten o tema da guerra civil. Paz Castro amosounos e comentou os libros gañadores do Premio Compostela. Federico Fernandez describiu o proceso de creación dun álbum.

Na mesa dedicada á banda deseñada Xulio Carballo comentou as primeiras experiencias de revistas de historietas. Fausto Isornas falounos de Golfiño e lembrounos a serie de Simón Martel. Inés Vázquez presentou a súa obra Aldara e asegurou que na noso historia e a nosa mitoloxía son unha fonte de temas para o cómic.

Rematou esta intensa xornada formativa a conferencia de Rosa Tabernero, reivindicou a lectura tranquila, en profundidade, fronte á dixital que se demostra superficial, falounos da importancia da selección e da biblioteca e o libro como espazo de hospitalidade, lugar e tempo de acollida nesta época na que abundan os non lugares.

luns, 20 de marzo de 2023

Na nosa biblioteca (332)


Editorial Baía fainos chegar esta interesante novidade de libro informativo para a Biblioteca de GÁLIX:

  • A Fotografía 51

     


Título: A Fotografía 51 

Texto: María Canosa

Ilustracións: Paula Mayor

Editorial: Baía

Colección: Meiga Moira

+ info: https://baiaedicions.gal/infantil-xuvenil/571-a-fotografia-51.html


Novas na rede:

sábado, 18 de marzo de 2023

Laurie Halse Anderson premio ALMA 2023

O Astrid Lindgren Memorial Award (ALMA) é un premio internacional, outorgado anualmente polo goberno sueco e coma homenaxe á creadora de Pippi Mediaslongas.


https://www.flickr.com/photos/ala_members/4626397129
 

O obxectivo do premio -instituido en 2003, un ano despois da morte de Lindgren, polo Goberno de Suecia- é potenciar e aumentar o interese pola literatura infantil e xuvenil en todo o mundo e fomentar o dereito dos nenos á cultura no ámbito global.

A gañadora deste ano é a autora estadounidense Laurie Halse Anderson que ten publicadas diversas novelas para mozos nas que dá voz á experiencia adolescente de xeito moi expresivo e honesto. A súa novela, Speak, publicada en 1999, foi traducida a moitos idiomas e adaptada para o cine.

Nestes premios recoñécese o traballo dos diversos sectores que conforman o mundo do libro infantil e xuvenil.

venres, 17 de marzo de 2023

Un bosque cheo de libros. A literatura infantil e xuvenil en galego na actualidade Xornada LIX da Biblioteca de Galicia

Un bosque cheo de libros. A literatura infantil e xuvenil en galego na actualidade é o título da xornada organizada dende a Biblioteca de Galicia para coñecer un pouco máis o pasado e o presente da literatura infantil e xuvenil en galego.

A actividade celebrarase o venres 24 de marzo no Auditorio Xosé Neira Vilas da Biblioteca de Galicia, en horario de 09:00 a 18:30 horas.

O Director Xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, inaugurará esta Xornada e logo terá lugar a primeira conferencia do día a cargo de Fina Casalderrey e presentada pola profesora da USC e Comisaria da exposición Unha árbore de historias. Cen anos de literatura infantil e xuvenil en galego,   Montserrat Pena Presas.

Ao longo da mañá realizaranse tres mesas redondas:

  • A narrativa: un xénero consolidado; moderada por Pilar Sampedro (GÁLIX) con Paz Fernández Pereiro, Ana Luna Alonso e Andrea Maceiras.

  • A poesía: unha aposta pola innovación, moderada por Patricia Babío (Biblioteca de Galicia) con Juan Senís, Anxos Rial e Antonio García Teijeiro.

  • A literatura dramática na procura de espazos propios, moderada por Noelia Bascuas (Biblioteca de Galicia) con Mª José Caamaño, Roberto Pascual e Paula Carballeira.

Ao longo da tarde realizaranse dúas mesas:

  • O álbum ilustrado, un formato para todos os públicos, moderada por Sabela Pérez Fórneas (B.P. de Lugo) con Xosé Perez e Paz Castro, Eva Mejuto e Federico Fernández Alonso.

  • A banda deseñada: retos para o futuro, moderada por Rosario Crespo (Biblioteca de Galicia) con Xulio Carballo, Fausto Isorna e Inés Vázquez.

Rosa Tabernero, da Universidade de Zaragoza pronunciará a conferencia de clausura presentada por Cristina Ruibal, Sudirectora Xeral de Bibliotecas e do Libro.

Inscrición:

https://www.cidadedacultura.gal/gl/evento/un-bosque-cheo-de-libros-literatura-infantil-e-xuvenil-en-galego-na-actualidade-xornada .



xoves, 16 de marzo de 2023

Na nosa biblioteca (331)

 


Chegaron á
Biblioteca de GÁLIX, como doazón da editorial, as novidades de Kalandraka:

  • Tigre e oso na cidade

  • Un día de chuvia e flores

     

     


Título: Tigre e oso na cidade

Texto: Janosch

Ilustración: Janosch

Tradución: Iago Nicolás

Editorial: Kalandraka

Colección: Tras os montes

+ info: https://kalandraka.com/tigre-e-oso-na-cidade-galego.html



Título
Un día de chuvia e flores

Texto: Carme Solé Vendrell

Ilustración: Carme Solé Vendrell

Tradución: Alberto Sotelo

Editorial: Kalandraka

Colección: MareMar

+ info: https://kalandraka.com/un-dia-de-chuvia-e-flores-galego.html