Este libro encantoume! Febreiro 2023

Publicado por GÁLIX | 1.2.23 Deixa un comentario

 XANEIRO 2023


 

Recomendamos Fortunato quere ir á lúa de Carlos López

 

 

 


Carlos López é, dende hai xa tempo, un dos máis xeniais escritores de literatura infantil que temos en Galicia. O seu estilo é unha acertada combinación entre o humorismo e o lirismo. Neste libro escribe unha divertidísima historia perfectamente ilustrada por Óscar Villán, un debuxante que fai algo tan difícil como é crear un mundo gráfico propio moi potente a nivel visual e que combina moi ben co espíritu do texto e onde se move con asombrosa soltura. É tamén de xustiza salientar a inspirada labor de edición que Galaxia fixo neste álbum ilustrado para os máis pequenos.


  David Pintor



___________________________

GÁLIX publica cada mes unha recensión feita por algunha ou algún dos socios para a sección Este libro encantoume da OEPLI. Todos os meses poderás ver neste blog as recomendacións de Literatura Infantil e Xuvenil en galego e na web da OEPLI as propostas das asociacións dos diferentes ámbitos lingüísticos que forman a organización. Se queres colaborar coas túas recomendacións, non dubides en nos contactar.

 

 

Publicación máis recente Publicación máis antiga

0 comentarios:

[Comentario blog]