Socio nº 67
Natural de Portonovo (Pontevedra)
Pintor - Ilustrador, e escritor de literatura infantil.
Guionista e director de 10 documentais de tema submarino para TV.
Estudei pintura na Real Academia de San Fernando e no Círculo de Belas Artes en Madrid, onde colaborei como ilustrador en editoriais, actividade que sempre compartín coa pintura.
Ilustrei cerca de 200 libros e publiquei 11 contos.
Obtiven os premios:
Rañolas de ilustración 1997,
GÁLIX de ilustración 2004,
Distinción White Ravens 2009 por “Cactus del desierto”.
Premio mellor traballo Multimedia no XIV Certame de Divulgación Científica 2001 “Casa das Ciencias” da Coruña.
Palma de prata no Festival Internacional de l` Image sous-marine 2002 de Antibes.
Primeiro premio nos Festivais Internacionais de Cinema submarino 2010 e 2013 de San Sebastián.
Premio Frei Martín Sarmiento 2010 e 2014 de literatura infantil.
Como pintor veño figurando en exposicións de varias cidades da Península, e participei en bienais e mostras colectivas de pintura e ilustración en Francia, Boloña, Frankfurt, Arxentina e México.
A miña traxectoria artística foi recoñecida en 1983 con mencións especiais no Salon d'Automne, en Avignon e Evian (Francia).
Últimamente estou centrado na miña produción pictórica de estilo abstracto e de gran formato, coa que experimento distintas técnicas.
ACCESO |
0 comentarios:
[Comentario blog]