A tribo do mar, unha obra sobre a situación actual da emigración do autor lucense Lois Pérez, resultou gañadora do XVI Premio Raíña Lupa de literatura infantil e xuvenil, convocado pola área de Cultura da Deputación da Coruña,
Lois Pérez é unha persoa multifacética que, ademais de escritor e mestre, é narrador oral, humorista e comediante e cronista de rock. Todas estes aspectos da súa personalidade contribúen na consecución do estilo áxil e atractivo para o público xuvenil que sinala o xurado da súa creación literaria.
0 comentarios:
[Comentario blog]