EDITORIAL RODEIRA, SOCIA Nº 104 DE GÁLIX
A Editorial Rodeira dedícase á edición de obras en galego, tanto de libros de texto e material escolar, en diversos soportes, como de literatura infantil e xuvenil.
A área de Publicacións Xerais está centrada na publicación de materiais curriculares e comparte un mesmo obxectivo: a educación, desde o nacemento ata a xuventude. Editamos libros de calidade que ensinan a xente nova a ser persoas no sentido máis amplo da palabra (a literatura como ferramenta capaz de desenvolver todas as dimensións do ser humano) e alimentamos a súa biblioteca ideal no seu itinerario de crecemento.
Por outra parte, ofrecemos pluralidade na selección de autores, xéneros e temas.
No ámbito do libro de texto e do material escolar, a oferta abrangue as diversas etapas educativas: Educación Infantil, Educación Primaria, Educación Secundaria, Bacharelato e Formación Profesional.
Datos de Interese
Ano fundación: 1992
Liña editorial: Libros para as distintas etapas do sistema educativo, materiais multimedia na aula e lecturas para todas as idades.
Coleccións: Tren azul. Os meus contos favoritos de tren azul. Tucán azul. Tucán verde. Tucán laranxa. Tucán vermello. Periscopio.
Pertence ao Grupo Edebé, un grupo editorial especializado en contidos educativos, que xurdiu a principios dos anos 80, como continuación da histórica Editorial Don Bosco. Pioneira na creación de materiais multimedia, desde hai máis de 20 anos desenvolve contidos dixitais curriculares e é provedora de servizos integrais educativos con plataformas de xestión e aprendizaxe.
0 comentarios:
[Comentario blog]