Partindo dunha idea orixinal de Fina Casalderrey, a Real Academia Galega ven de publicar A orixe da nosa lingua guapa, unha fermosa curtametraxe de ficción para explicar a orixe e formación da lingua galega.
Baixo a dirección de Damián Varela e con guión de Fina Casalderrey e Fátima R. Ruibal, unha chea de profesionais do audiovisual e docentes colaboran nesta curta protagonizada por Fátima R. Ruibal, como mestra e meiga, e un grupo de alumnas e alumnos do do CPI Santa Lucía de Moraña, que conta co apoio da Deputación da Coruña.
A música orixinal que acompaña é da autoría de Nestor Blanco con letra de Fina Casalderrey e cantada por Laura Alfonso e o coro do CEIP de Álvarez Limeses.
Esta iniciativa forma parte do proxecto Primavera das Letras, dentro do espazo web Lingua Guapa, que recollerá diferentes recursos didácticos sobre a lingua.
0 comentarios:
[Comentario blog]