venres, 17 de setembro de 2021

mércores, 15 de setembro de 2021

A Xanela de GÁLIX. Xosé Manuel González, OLI

 

 

Xosé Manuel González Barreiro, OLI (Cangas do Morrazo, 1961) mestre, escritor, tradutor e especialista en literatura infantil é o socio convidado á Xanela de GÁLIX neste mes de setembro de 2021.


En resposta ao noso convite enviounos esta breve nota autobiográfica xunto coas súas respostas ao Cuestionario Lamote.

 

 NOTA AUTOBIOGRÁFICA

Desde 1992 manteño unha relación directa coa literatura infantil, como autor e director de coleccións como O Parrulo na editorial Ir Indo, con Edicións Xerais no deseño dunha colección de álbumes ilustrados que non chegou callar. Desde o nacemento da Editorial Kalandraka participei no deseño da colección Demademora da que fun director, aínda que desde hai uns anos codirixo a colección Seteleguas.

Como autor, teño 15 libros publicados entre os que están Once damas atrevidas, O pirata Pata de Lata, Os ratos da casa, Rato Avó e o muraño, Iria e a lúa, Leocadio o león ou O elefante perdeu a memoria, Ratos na escola, entre outros. Algún están traducidos a linguas coma o francés, coreano ou chinés, ademais das linguas peninsulares. Tamén forman parte dos Plans de Lectura de Portugal, Arxentina, Chile ou México.

De aí chego ao mundo da tradución. Lobel, David Mackee, Leo Lionni ou André François son algúns dos autores que traducín ao galego e tamén ao castelán, nalgún caso.

Pero chego ao mundo da literatura infantil desde a miña profesión de mestre e como integrante de Nova Escola Galega, responsabilizándome das páxinas de literatura infantil da Revista Galega de Educación durante varios anos. Colaborei con outras asociacións e Centros de formación do profesorado en Galicia e Castela e León, impartindo cursos e participando en campañas de animación á lectura e xornadas de debate e crítica. Os últimos 14 anos da miña vida profesional estiveron adicados á biblioteca escolar.

Tamén participo desde hai 20 anos no colectivo de investigación lingüística Maré do Morrazo, na recollida, estudo e recuperación de léxico e unidades fraseolóxicas propias do galego desta zona, traballos publicados polo Museo Massó e a Revista Galega de Dialectoloxía.

ACCESO



venres, 10 de setembro de 2021

Na nosa biblioteca (255)

 Chegaron á Biblioteca de GÁLIX, como doazón da editorial, as novidades de Kalandraka:

  • A Coruña

  • Ratos na escola

  • Moncho e a Mancha

     

Título: A Coruña

Autor: David Pintor

Editorial: Kalandraka

+ info: https://www.kalandraka.com/a-corunha-galego.html


Ilustración: Natalia Colombo

Editorial: Kalandraka

Colección: Demademora

+ info: https://www.kalandraka.com/ratos-na-escola-galego.html


Editorial: Kalandraka

Colección: Demademora

+ info: https://www.kalandraka.com/moncho-e-a-mancha-galego.html


mércores, 8 de setembro de 2021

Na nosa biblioteca (254)

 

Outras novidades de Edicións Xerais de Galicia na Biblioteca
de GÁLIX
:


  • Paco Peco Pequeneiro e o lagarteiro miope

  • Pan con chocolate. A merenda de Gianni 

     

Ilustración: Titimoki

Editorial: Edicións Xerais de Galicia

Colección: Merlín

+ info:https://www.xerais.gal/libro.php?id=6092367


Título: Pan con chocolate. A merenda de Gianni

Texto: Paula Carballeira

Ilustracións: Xiana Teimoy

Editorial: Edicións Xerais de Galicia

Colección: Merlín
+ info: https://www.xerais.gal/libro.php?id=6486574



martes, 7 de setembro de 2021

Na nosa biblioteca (253)

 


A
Editorial Baía mandou á Biblioteca de GÁLIX as obras premiadas no XIV edición do premio Barriga Verde de teatro para monicreques:

 

  • Pois eu!
  • República Sideral


Título
: Pois eu!

Ilustracións: Mateo Alvarellos

Editorial: Baía - Xunta de Galicia

Colección: Barriga Verde

+ info: https://baiaedicions.gal/creacion-literaria/barriga-verde/pois-eu.html?___SID=U




Obra gañadora da XIV edición do premio Barriga Verde (2020) de textos para teatro de monicreques (modalidade infantil).
Co-edición con Agadic.


Título: República sideral

Ilustracións: Lucía Cobo

Editorial: Baía-Xunta de Galicia

Colección: Barriga Verde
+ info: https://baiaedicions.gal/creacion-literaria/barriga-verde/republica-sideral.html




Obra gañadora da XIV edición do premio Barriga Verde (2020) de textos para teatro de monicreques (modalidade adultos). Co-edición con Agadic.