Tamara Andrés. Tradutora. O libro infantil e xuvenil galego traducido.

Publicado por GÁLIX | 13.7.21 1 comentario

Tamara Andrés, formada como tradutora e intérprete na Universidade de Vigo, realizou o Máster en Estudos Teóricos e Comparados da Literatura e da Cultura e prepara a súa tese de doutoramento sobre A tradución privada na poesía galega de autoria feminina a partir de 1980.

A nosa compañeira é tamén poeta, participa en proxectos teatrais e audiovisuais e imparte obradoiros de poesía e de animación lectora.

Solicitamos a súa colaboración como tradutora que traballa con diferentes editoriais e respondeu ao noso convite cun vídeo moi didáctico que nos axuda, ás persoas de todas as idades, a comprender o proceso polo que pasa o libro infantil e xuvenil galego traducido, tema ao que se dedicaron as Xornadas GÁLIX. Desfacendo a Raia VI.

Este, e todos os vídeos que completan esta actividade formativa de GÁLIX, estarán dispoñibles na nosa canle de Youtube.

Publicación máis recente Publicación máis antiga

1 comentario:

  1. (Eliminei os comentarios anteriores debido ós erros de redacción que contiñan, pois infelizmente o meu corrector ortográfico ás veces non axuda moito cos acentos. Por esta razón, tornarei a escribi-lo que acabo de eliminar, oxalá eu poda contar coa indulxencia de vostedes que me están a ler.)

    Bo día a todos. A canle é xenial e a idea de divulgar-la tradución profesional ós nenos tamén está boísima.

    A única queixa que teño é canto á linguaxe da señorita Andrés, saíulle un pouquiño artificial. Ou até mesmo artificial de máis. Todo o tempo fala das "persoas que iso", "persoas que aquilo", "persoas que etcétera"... É horríbel que xa non se saiba que traductores son tódolos que traducen algo, independentemente do seu sexo. Mais a escritora aquí só sabe falar de "persoas traductoras", para poñer un exemplo que ilustra a súa linguaxe artificial , que acaba por cansa-los ouvintes. Ou tamén das "persoas que teñen poder", cando con dicir "os que teñen poder" xa abondaría para expresa-lo mesmo concepto. Pouco favor fai á lingua galega cunha linguaxe así, distante da fala natural e da gramática dun idioma romance coma o noso, onde o masculino xenérico inclúe individuos de calquera sexo biolóxico.

    Grazas pola atención e que teñan boa tarde.

    ResponderEliminar

[Comentario blog]