Con motivo da celebración do Día Internacional do Libro Infantil 2020, Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GÁLIX) convocou o concurso de lectura poética "Un poema na túa voz" para animar ás crianzas a ler e desfrutar da poesía en galego no seu tempo de lecer.
O certame contou, mesmo coas dificultades derivadas do andazo, con máis de 100 participantes nas categorías de:
- Lectorado Incial (1º, 2º e 3º de Educación Primaria)
- Lectorado Avanzado (4º, 5º e 6º de EP) e
- Superlectorado (1º e 2º de ESO).
Tiñamos previsto un acto de entrega de premios, con presenza de autoridades e lectura dos poemas; mais as circunstancias obrigáronnos a adiar unha e outra vez o evento ata que decidimos facer a entrega a distancia, deixando as celebracións para tempos máis favorables.
Trasladamos o noso agradecemento ás gañadoras e gañador do concurso pola súa paciencia e comprensión e reiteramos os nosos parabéns.
Premios do Concurso DILI 2020. "Un poema na túa voz" son:
- Lectorado Inicial: Paula Cañás Freire, co poema Cantarolas dos nenos de Xosé Neira Vilas.
- Lectorado
Avanzado: Mencía Domínguez Iglesias, co poema O meu cuarto
de Manuel María.
- Superlectorado:
Bruno Rodríguez Docobo, co poema O mar de Fran Alonso.
0 comentarios:
[Comentario blog]