Día Internacional do Libro Infantil (DILI) 2021

Publicado por GÁLIX | 26.2.21 Deixa un comentario

 Como todos os anos dende 1967, o IBBY (International Board on Books for  Young People) promove a celebración do Día Internacional do Libro Infantil o 2 de abril, conmemorando o nacemento de Hans Christian Andersen


Cada ano encoméndase a unha sección nacional a elección do tema do día do libro infantil. Esa Sección, que no ano 2021 é EE.UU.,  convida a importantes profesionais da escrita e a ilustración do seu país a escribir unha mensaxe para a infancia do mundo e deseñar un cartaz que a represente. O cartel e a mensaxe, traducida a todas as linguas presentes na organización, difundirase a nivel internacional.

 


 

A OEPLI e GÁLIX, xunto co resto das seccións da OEPLI, en colaboración co Ministerio de Educación, Cultura e Deporte promoven a celebración deste día. 

Bibliotecas escolares e públicas, librarías e outras entidades adoitan celebrar esta data organizando exposicións, encontros con autores/as e ilustradores/as, presentacións de libros e actividades diversas de lectura.

 

 

 

Tendes aquí acceso aos materiais para que poidades descargalos e usalos.   


Publicación máis recente Publicación máis antiga

0 comentarios:

[Comentario blog]