Aulas Galegas convocan o concurso de narrativa sonora Ouvea o Lobo. Iniciativa para promocionar a escritura e o desenvolvemento do talento e a ficción sonora como xénero, na que colaboran artistas e promotores culturais galegos, Fundación Luis Seoane e o Festival Internacional de Outono de Teatro (FIOT), e o Festival Internacional de Narración Oral Atlántica
FAME DE PALABRAS NO DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL 2020
Publicado por GÁLIX | 4.4.20
Deixa un comentario
Adoitamos
considerar o mes de abril como o mes da Literatura Infantil; a partir
da conmemoración, o día 2 deste mes, da data de nacemento de
Andersen as bibliotecas escolares e públicas énchense de
actividades ao redor do libro e da literatura.
Neste
malfadado ano 2020, as escolas e as bibliotecas están baleiras e as
nenas e nenos teñen FAME DE PALABRAS.
Aproveitemos,
como aconsella Héctor Cajaraville neste vídeo gravado para o
programa A
REVISTA da TVG,
para ler en galego en familia.
FAME
DE PALABRAS
é tamén a proposta da Asesoría
de bibliotecas escolares
en Twitter que convida a lles enviar unha palabra xunto á portada
do libro á que pertence.
Ler
e recitar poesía infantil en galego para o concurso "Un
poema na túa voz"
é o convite de GÁLIX para este mes de abril.
Aulas Galegas convocan o concurso de narrativa sonora Ouvea o Lobo. Iniciativa para promocionar a escritura e o desenvolvemento do talento e a ficción sonora como xénero, na que colaboran artistas e promotores culturais galegos, Fundación Luis Seoane e o Festival Internacional de Outono de Teatro (FIOT), e o Festival Internacional de Narración Oral Atlántica
Aulas Galegas convocan o concurso de narrativa sonora Ouvea o Lobo. Iniciativa para promocionar a escritura e o desenvolvemento do talento e a ficción sonora como xénero, na que colaboran artistas e promotores culturais galegos, Fundación Luis Seoane e o Festival Internacional de Outono de Teatro (FIOT), e o Festival Internacional de Narración Oral Atlántica
Recollemos
no padlet, RECURSOS
CON MOITA LIX PARA FICAR NA CASA,
outras
moitas iniciativas solidarias para ler e ocupar o tempo das crianzas
con actividades creativas, educativas e de calidade
0 comentarios:
[Comentario blog]