Como te atopas estes días? Como vives coas restricións? Fai un autorretrato e mándao escaneado para que apareza na galería dixital da exposición. Envía o teu debuxo e indica o teu nome, a túa idade e que fas o envío a través de GÁLIX (Galicia, España) ao enderezo electrónico: direktion@ijb.de.
Día do Libro e Dereitos de Autoría 2020
Publicado por GÁLIX | 21.4.20
Deixa un comentario
Para
celebrar o
Día
Mundial
do Libro
e Dereitos de Autoría,
a UNESCO escolleu un día simbólico, a data
na que finaron
Miguel de Cervantes
e William Shakespeare,
23
de abril.
Aínda
nas actuais e excepcionais
circunstancias nas
que nos atopamos, a Asociación Galega do Libro Infantil (GÁLIX) non
quere deixar de celebralo con todas as persoas grandes e pequenas que
forman o lectorado galego e con esta intención propón
sumarse
ás
dúas iniciativas do IBBY nas que poden participar persoas de todas
as
idades.
Animamos
ás nenas
e nenos que
se retraten
nestes días de confinamento
para configurar unha exposición dixital formada polos retratos e
sentimentos das nenas e nenos de todo o mundo nestes tempos de andazo
e confinamento.
Lectura
do manifesto Fame de palabras
A xunta directiva de GÁLIX únese, con este vídeo, á iniciativa do IBBY na que propón a todas as súas seccións a lectura en rede do manifesto do Día Internacional do Libro Infantil no seu idioma. Convidamos, logo, a todas as persoas
socias de GÁLIX a gravar un vídeo lendo a tradución do manifesto
deste ano, titulado “Fame de palabras”, redactado orixinalmente
por Peter Svetina e ilustrado por Damijan Stepancic, e que o pendure
nas redes sociais o Día do Libro (23 de abril) etiquetando a GÁLIX.
A tradución ao galego foi realizada por Héctor Cajaraville.
A
tradución está dispoñible na seguinte ligazón:
http://www.galix.org/2020/03/2-de-abril-dia-internacional-do-libro.html
0 comentarios:
[Comentario blog]