xoves, 27 de febreiro de 2020

Adhesións á celebración do día internacional do libro infantil

 
Conmemoramos cada 2 de abril, aniversario do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, o Día Internacional do Libro Infantil (DILI). 
 
Con esta celebración o IBBY pretende promocionar a boa literatura infantil e xuvenil. Cada ano encoméndase a unha sección nacional a selección das persoas relevantes no seu país que, no campo da escrita e da ilustración, realizarán o cartel e a mensaxe que se traducirá a todas as linguas presentes na organización e se difundirá a nivel internacional.

Este ano 2020 corespóndelle á sección de Eslovenia representar ao IBBY a través do texto de Peter Svetina e o cartel de Damijan Stepancic.
GÁLIX, como sección da OEPLI, ocúpase da tradución ao galego e da súa difusión en Galicia.
Co obxecto de promocionar os bos libros e a lectura entre os máis novos, a OEPLI e as súas seccións (GÁLIX, ClijCat, Galtzagorri, Consejo General del Libro Infantil y Juvenil) anima ás bibliotecas, públicas e escolares, librerías e institucións á celebrar este día con actividades de promoción da lectura coa súa adhesión á celebración mediante inscrición electrónica a través da web da OEPLI (www.oepli.org).

mércores, 26 de febreiro de 2020

María Solar e o concurso: Un poema na túa voz

Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GÁLIX) convídavos a participar no concurso «Un poema na túa voz» como parte das actividades que se van celebrar para conmemorar o Día Internacional do Libro Infantil ata o vindeiro 2 de abril.


MaríaSolar, respondendo á solicitude de colaboración de GÁLIX, mandounos este vídeo no que se suma ao convite e ofrece a súa opinión sobre a relación que teñen as nenas e nenos coa poesía. Non deixedes de velo.

sábado, 22 de febreiro de 2020

Día de Rosalía 2020

¡Turra, turra,
Xan, pola burra!
Mira que Pedro
a cadela che apurra
¡Ai, desdichada
de min que a vexo
fincarche o colmillo
no tistre pelexo!
¡Diancre de Xan,
que non corre nin toa!
Ben haia, amén,
quen os ósos che roa.
¡Churras!, ¡churras!
¡Churriñas!, ¡churras!
Cas-qui-tó,
que escorrénta-las burras. 
 
Como cada ano, celebraremos este 24 de febreiro o Día de Rosalía. 
Aínda que Santiago de Compostela e Padrón centralizarán boa parte dos actos institucionais, a efeméride celebrarase en todos os concellos de Galicia e moitos no exterior.

A AELG propón unha chea de actividades para os centros educativos na semana vindeira á que porá remate, no Panteón de Galegos Ilustres, a lectura, por parte do autor Daniel Asorey, do manifesto Errantes polo mundo.
Para celebrar este día as bibliotecaspúblicas, bibliotecasescolares, librerías, concellos e outras institucións teñen previstas moitas e moi diversas actividades.






venres, 21 de febreiro de 2020

Premios de literatura dramática infantil e xuvenil


 


 Damos conta das convocatorias de premios de literatura dramática infantil e xuvenil convocados pola Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais): 

 
  • XI premio Manuel María de literatura dramática infantil
  • XIV Barriga Verde de textos para teatro de monicreques. 
  •  
O prazo para presentar obras aos premios literario remata o día 4 de maio de 2020.
Acceso á Convocatoria

xoves, 13 de febreiro de 2020

Na nosa biblioteca (199)


Recibimos da Editorial Galaxia, como doazón para a Biblioteca de GÁLIX :


  • Teño oito anos e quero ser youtuber
  • Porque te quero 
  • A viaxe de Ana
  • Cen sementes que voaron 
  • Rimaletras 
Título: Porque te quero
Texto: Baldo Ramos
Ilustracións: Anxo Rodríguez Fariña
Editorial: Galaxia
Colección: Árbore
+ info:http://editorialgalaxia.gal/produto/porque-te-quero/
Novas:
Recomendación de Librería Couceiro:
Título: A viaxe de Ana
Texto:Alberte Momán
Ilustracións: Lidia Nokonoko
Editorial:Galaxia
Colección: Libros para compartir
+ info:http://editorialgalaxia.gal/produto/viaxe-de-ana/

Título: Cen sementes que voaron
Texto:Isabel Minhós Martins
Ilustracións: Yara Kono
Tradución: Xosé Veloso
Título: Rimaletras
Texto:Mar Guerra
Ilustracións: Blanca Millán
Editorial: Galaxia
+ info: http://editorialgalaxia.gal/produto/rimaletras/


venres, 7 de febreiro de 2020

Convocado o premio Meiga Moira de Literatura infantil e xuvenil

Baía edicións vén de convocar o 9º premio Meiga Moira de literatura infantil e xuvenil 2020 para obras:  

  • Orixinais e inéditas escritas en lingua galega.
  • Dirixidas a nenas e nenos de 8 a 16 anos, especificando o grupo de idade concreto: 

      • 8 a 12 anos
      • 12 a 16 anos
 
  • O prazo de recepción de orixinais remata o 20 de Abril de 2020. 
 
  • A dotación económica é de 2.500 euros para a obra premiada e 1.000 euros parea os posíbeis accésit.