
Xornadas GÁLIX. Desfacendo a Raia IV. Mediación lectora
Publicado por GÁLIX | 22.1.20
Deixa un comentario
O
día 3 de febreiro
teremos
o pracer de celebrar, un ano máis,
a cuarta edición das Xornadas GÁLIX. Desfacendo a raia.
GÁLIX
ten como obxectivo
a promoción da cultura e a lingua galegas a través da literatura
infantil e xuvenil, e unha das súas funcións é prestar
asesoramento en temática LIX. Sabedores da importancia da mediación na difusión da LIX galega e na formación de lectoras e lectores, recabamos a colaboración de persoas expertas no tema desde diferentes ámbitos para a celebración desta xornada
Esta
actividade formativa conta
coa
colaboración da OEPLI,
o Ministerio
de Educación, Cultura e Deporte
e a
Universidade de Vigo,
terán lugar no salón de actos da Facultade
de Ciencias da Educación
e do Deporte,
no Campus a Xunqueira, en Pontevedra.


0 comentarios:
[Comentario blog]