GÁLIX
estivo esta fin de semana no Culturgal,
feira
na
que se dan cita todas as empresas e asociacións que traballan no
eido
cultural en Galicia.
Coma
en anteriores ocasións, milleiros de persoas asistiron a este
encontro para coñecer que se está a facer en Galicia en galego.
A
Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GÁLIX),
que traballa na promoción e divulgación da literatura infantil e
xuvenil galega, non podía faltar a este
evento.
O
domingo, 1 de decembro, presentamos a asociación no Espazo Foro:
Xosé
Antonio Perozo,
falou da súa historia e a súa estrutura; Pilar
Sampedro
explicou
as súas funcións e deu conta das súas actividades e dos materiais
e recursos da
asociación en
formato físico e dixital;
Antonio
Seijas,
centrou
a súa alocución traballo de GÁLIX no campo da ilustración e na
defensa da autoría das ilustradoras e ilustradores.
Fixeron
entrega do galardón á gañadora do certame, Susana Suniaga, e
presentaron as imaxes finalistas que formarán parte do almanaque do
Salón do Libro 2020.
0 comentarios:
[Comentario blog]