A gala celebrouse en Vigo, no Museo do Mar de Galicia, con Valeria Pereiras como presentadora. Antes da entrega de galardóns ás premiadas e premiado deste ano, Fran Alonso, director da editorial, fixo un percorrido polos 40 anos de historia de Xerais, agradeceu o traballo do xurado e a presencia de Valentín García, Secretario Xeral de Política Lingüística, de Cesáreo Sánchez, presidente da AELG, e de Xosé A. Perozo, Presidente de GÁLIX.
Durante a presentación proxectáronse os comentarios de Icíar Roca Veloso, alumna de 6º de Primaria, da youtubeira Eira Losada que mantén a canle Nubes Baixo Ti e da xornalista Ana Abelenda.
Rosa Aneiros, gañadora do Premio Merlín agradeceu o premio, convidou aos lectores a ler literatura infantil e xuvenil, superando as etiquetas, e presentou o seu libro coma unha invitación á reflexionar sobre o deterioro do medio ambiente.
Rosa Aneiros e Andrés Meixide dedicáron un exemplar para a biblioteca de GÁLIX.
Enma Pedreira, XI Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil, comentou o proceso de documentación e as razóns que a levaron a elexir a Inglaterra victoriana como marco para a súa primeira novela xuvenil, que retrata a situación das mulleres na revolución industrial.
Tamén Enma Pedreira dedicou un libro para GÁLIX.
A obra "Xangai a Barcelona" de Amador Castro recibiu o Premio Xerais de Novela
Información previa no en anteriores entradas do blog de GÁLIX.Galería de fotos no xornal Faro de Vigo.
0 comentarios:
[Comentario blog]