protagonistas, aqueles que por diversas circunstancias vense na obriga de non seren sedentarios e ter que desprazarse milleiros de quilómetros, cruzando continentes e océanos, ou viaxes máis curtas pero igualmente perigosas. Todo cun único obxectivo, a supervivencia.
Este libro encantoume (agosto 2019)
Publicado por GÁLIX | 3.8.19
Deixa un comentario
AGOSTO 2019
Recomendamos: Viaxeiros. Animais extraordinarios de Xulio Gutiérrez (texto), Nicolás Fernández (ilustración) e Chema Heras (tradución)
Sexto volume da colección “Animais extraordinarios”. Nesta
ocasión unha ducia deles son os
protagonistas, aqueles que por diversas circunstancias vense na obriga de non seren sedentarios e ter que desprazarse milleiros de quilómetros, cruzando continentes e océanos, ou viaxes máis curtas pero igualmente perigosas. Todo cun único obxectivo, a supervivencia.
protagonistas, aqueles que por diversas circunstancias vense na obriga de non seren sedentarios e ter que desprazarse milleiros de quilómetros, cruzando continentes e océanos, ou viaxes máis curtas pero igualmente perigosas. Todo cun único obxectivo, a supervivencia.
O lemming, o bisonte americano, a
andoriña, o tiburón balea, a bolboreta monarca, a formiga
lexionaria... son algúns destes viaxeiros. O libro lévanos ata eles
despois de presentar un esquema da “árbore da vida” cos
principais grupos do Reino Animal.
De cada unha das especies tratadas temos
unha primeira parte na que se fala un pouco do animal e unha segunda
na que se describen as súas pautas migratorias. Como complemento o
libro remata cunhas fichas con datos máis específicos, como son o
nome científico, o nome en distintos idiomas, altura ou envergadura,
peso, lonxevidade, alimentación... máis unha serie de curiosidades
de cada un deles e o seu nivel de conservación no planeta.
As ilustracións que complementan á
perfección os textos e son de estilo naturalista, mostrando con gran
detalle cada especie no seu entorno, e toman grande parte do
protagonismo das páxinas. Están acompañadas polos mapas de
distribución .
É un libro moi atractivo visualmente e
de fácil e amena lectura, polo que será de gran gozo para lectores
de tódalas idades.
Antonio
Seijas
______________________________
GÁLIX
aporta cada mes unha
reseña feita por algún socio para a sección Este
libro encantoume da
OEPLI,
ao igual que o resto de seccións. Todos os meses poderás ver as
recomendacións das seccións
aquí,
na web da OEPLI e as de GÁLIX, ademais, no
noso blog (bota un
ollo na barra lateral!). Se queres colaborar
coas túas reseñas para esta sección, non dubides en nos
contactar.
0 comentarios:
[Comentario blog]