O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, o director xeral de
Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo, e Xosé Antonio
Perozo,
presidente de GÁLIX, participaron este mércores, 12 de xuño, no
acto de entrega de premios do concurso
Selfie LIX de Galicia convocado pola
Asociación Galega do Libro Infantil e
Xuvenil (
GÁLIX), sección galega da
Oepli.
O acto celebrouse na biblioteca o Centro
Sociocultural Aurelio Aguirre de Conxo, onde fomos recibidos polo
seu director Xulio Noia e pola monitora da biblioteca Medea Santiago.
As rapazas integrantes do club de lectura infantil foron as
encargadas de nos dar a benvida e presentar o acto.
O gañador na categoría de Súper
Lectores foi Joel Covelo Gallego, do IES
Carlos Casares de Vigo, cunha foto que representa unha
das ilustracións do libro “O
misterio do faro vello.
Para dar cumprido remate ao acto Flora
Grande, responsable da biblioteca escolar do CEIP Virxe do Carme de
Sober dixo unhas palabras en nome das bibliotecas premiadas e o grupo
de pandereteiras do Centro Sociocultural Aurelio Aguirre
agasallounos cun para de pezas.
0 comentarios:
[Comentario blog]