Guía de lectura infantil e xuvenil para a igualdade |
Pilar Sampedro, coñecida experta en Literatura Infantil e Xuvenil e Vicepresidenta de GÁLIX, coordinou o equipo que elaborou esta guía, formafo por:
- M.ª Dolores Tobío Iglesias
- M.ª Isabel Serantes Gómez
- Pilar Sampedro Martínez
- Atenea Ruibal Durán
- Maruxa Caamaño Varela (GÁLIX)
Algúns parágrafos da presentación de Pilar Sampedro son o máis axeitado para definir este documento:
“A literatura infantil e xuvenil galega é unha manifestación artística de éxito que en menos dun século de vida se colocou ao nivel das literaturas que corresponden ás lingua normalizadas na nosa contorna. A súa calidade está fóra de toda dúbida, como o demostran os premios acadados fóra de Galicia e a tradución dos nosos libros a outras linguas.”
“GÁLIX agradece a oportunidade que a Secretaria Xeral de Igualdade lle ofrece para colaborar na elaboración deste recurso, poñéndoo nas mans das familias, profesorado, persoas bibliotecarias e outros axentes que posibiliten unha nova mirada no camiño da igualdade.”ACCESO AO DOCUMENTO
0 comentarios:
[Comentario blog]