Cambios na Secretaría de IBBY
Publicado por GÁLIX | 20.6.19
Deixa un comentario
Deixa a IBBY Luzmaria
Stauffenegger, unha persoa de orixe iberoamericano e de fala en español, que foi unha gran
axuda para toda a OEPLI.
A mexicana Luzmaria
Stauffenegger-Lobato leva
moitos anos residindo
en Basilea, onde
colaborou como deseñadora e realizou
diversas tarefas administrativas en Stauffenegger+ Stutz.
En 2008 foi
voluntaria na biblioteca
intercultural JUKIBU e no
ano seguinte participou no panel de lectura do Fondo de libros
infantís Baobab para o proxecto Fremde
Welten (outros mundos). Uniuse a
IBBY
como asistente administrativa en xaneiro de 2011.
E agora decidiu que é
hora de asumir novos
retos noutro
traballo e comunica que deixa o
secretariado da organización.
Desexámoslle
moito éxito e felicidade nesta nova andaina.
0 comentarios:
[Comentario blog]