Este libro encantoume (outubro 2018)

Publicado por GÁLIX | 22.10.18 Deixa un comentario


OUTUBRO, 2018

Recomendamos Que contan as ovellas para durmir?, de Kiko da Silva.
O libro que vos vou recomendar está principalmente destinado a todos aqueles que gocen escoitando historias e sobre todo contándoas. Kiko da Silva recupera a estrutura daquelas historias infantís de antano, con retrousos, enumeracións e sons que permiten que os oíntes repitan e conten connosco, e así os mais cativos fixan a atención sen esforzo. A fórmula coma dixemos non é nova: unha ovella emprende, a través da noite, unha viaxe na procura da resposta que da título ao conto. Hai que valorar positivamente as ilustracións –cheas de detalles graciosos- e a resolución final do mesmo onde o ser humano que segundo é común conta ovellas para durmir, convértese na enumeración soñadora das nosas amigas laúdas. Esta segunda edición, en formato álbum grande, inclúe fotografías e texto do autor contando o proceso de creación dos escenarios do conto.


Estrella Omil Ignacio. 


______________________________
GÁLIX aporta cada mes unha reseña feita por algún socio para a sección Este libro encantoume da OEPLI, ao igual que o resto de seccións. Todos os meses poderás ver as recomendacións das seccións aquí, na web da OEPLI e as de GÁLIX, ademais, no noso blog (bota un ollo na barra lateral!). Se queres colaborar coas túas reseñas para esta sección, non dubides en nos contactar.
Publicación máis recente Publicación máis antiga

0 comentarios:

[Comentario blog]