martes, 31 de xullo de 2018

Novas da LIX (e marchamos de vacacións!)


Chega agosto e con el un merecido descanso. Sempre nos queda esa espiniña de non poder compartir novidades e novas deste mes estival, pero o repouso reclámanos! Volvemos en setembro con azos renovados.

Mentres tanto, aquí tedes as últimas novas que nos quedaron por compartir con vós.

Feliz verán!



Na nosa biblioteca (118)


Dende Laiovento chéganos esta obra da amiga Montse Pena:


Título: Feminismos e literatura infantil e xuvenil en Galicia
Texto
: Montse Pena Presas
Editorial: Laiovento
Colección: Ensaio
Aquí podes ler un anaco deste ensaio / Entrevista en Praza.gal por Montse Dopico / Na CRTVG, en "Cada día un libro" / Recensión en Palabra de Gatsby
Está dispoñíble o vídeo da presentación do libro,o 15 de febreiro de 2019 na  Libraría Cartabón, na que a autora estivo acompañada por Ledicia Costas e mais Roberto Pascual

Vídeo da presentación en:   https://www.youtube.com/watch?v=exc-uVOM2V4

Na nosa biblioteca (117)


Velaquí a última doazón de Kalandraka para a biblioteca:


TítuloBromas na escuridade
Texto e Ilustracións: Daniela Kulot
Tradución: Silvia Pérez Tato
Editorial: Kalandraka
Colección: Demademora
Reseña en Trafegando Ronseis

TítuloNelson Mandela: o camiño cara á liberdade
Texto: Antonio Lozano
Ilustracións: [cuberta], Adrià Fruitós
Tradución: Ramón Nicolás
Editorial: Kalandraka
Colección: Narrativa
Inclúe dous anexos: Textos realizados por Walter para o museo de Qunu sobre os momentos máis importantes de Mandela na súa loita contra a segregación racial e frases de Nelson Mandela.

Reseña en Sermos Galiza

luns, 30 de xullo de 2018

Na nosa biblioteca (116)


Os amigos de Galaxia trouxéronnos estas novidades durante o mes de xullo:


Título: Palabra de bruxa
Texto: Andrea Barreira Freije
Editorial: Galaxia
Colección: Costa oeste
Entrevista a Andrea Barreira na Radio Galega en Chamando á Terra

TítuloO ouro das lúas
Texto: Beatriz García Turnes
Editorial: Galaxia
Colección: Costa oeste


TítuloCoas miñas mans
Texto e música : Pablo Díaz
Ilustracións: Lucía Cobo
Editorial: Galaxia
Colección: Sonárbore (
Libro + CD)

Na nosa biblioteca (115)

Unha nova obra poética de Baía para a biblioteca GÁLIX:


TítuloGaiola aberta: escolma de poesía infantil (1997-2017)
Texto: Xoán Neira
Editor literario: Limiar e escolma de Armando Requeixo
Ilustracións da capa: Ana Pedreira
Editorial: Baía 

venres, 27 de xullo de 2018

Na nosa biblioteca (114)


Esta tradución é a última incorporación á nosa biblioteca da man de Sushi Books:

Título: Un puñado de estrelas
Texto: Rafik Sohami
Tradución: dende o castelán, Moisés Barcia
Editorial: Sushi Books - Rinoceronte Ed.
Colección:  Avanzado
Web de Rafik Sohami

Este libro encantoume (agosto 2018)


AGOSTO, 2018

Recomendamos: Cara de velocidade, de Marga Tojo.


Cara de velocidade convídanos a procurar no cotiá a música e a maxia. Marga Tojo acadou o “X Premio Internacional Cidade de Orihuela de Poesía para Nenas e Nenos” con este título que aposta pola poesía como xénero perfecto para recuperar a musicalidade das palabras. Así, os poemas de Marga Tojo piden unha lectura en voz alta ao ritmo de cancións de Nina Simone, Patti Smith ou Fran Pérez Narf ademais de retarnos a experimentar e xogar coa sonoridade de cada rima ou verso que conforman as composicións.

Cara de velocidade mergúllanos nun universo cotiá -de xantares e ceas, pequenos imprevistos na casa, rutinas e paseos polas rúas dunha grande cidade- e descóbrenos os crocodilos que aparecen no puré de patacas, que o tedio é un monstro peludo e azul ou que, nalgúns vasos de auga, navegan barcos á deriva.

As poesías de Marga Tojo, acompañadas das ilustracións de María Hergueta, encantáronme porque relembran que a música e a maxia non hai que ir buscalas lonxe porque están nas palabras de tres sílabas, nas letras da sopa ou nos nomes das estacións do metro. O importante é estar atentas para poder atopalas e sabernos superheroínas.

Antía Marante Arias
 
                                   
______________________________
GÁLIX aporta cada mes unha reseña feita por algún socio para a sección Este libro encantoume da OEPLI, ao igual que o resto de seccións. Todos os meses poderás ver as recomendacións das seccións aquí, na web da OEPLI e as de GÁLIX, ademais, no noso blog (bota un ollo na barra lateral!). Se queres colaborar coas túas reseñas para esta sección, non dubides en nos contactar.

xoves, 19 de xullo de 2018

Na nosa biblioteca (113)


Recibimos estas novidades da man de Editorial Galaxia:


Título20.000 leguas baixo dos mares 
Texto: Jules Verne; adaptación da Asociación Juan XXIII, coord. Diego Chapela
Ilustracións: Miguel Rocha
Editorial: Galaxia
Colección: Lectura fácil, 1

TítuloPericles e a balea
Texto: Xohana Torres
Ilustracións: Sheila Santana
Editorial: Galaxia
Edición:2ª ed., 1ª imp.
Colección: Árbore

TítuloMonstros con ou sen consentimento
Intérpretes: Chuches Amil (grupo musical) 
Textos e música : Fran Amil
Ilustracións: Manel Cráneo
Editorial: Galaxia
Colección: Sonárbore
Recomendación lectora da librería Couceiro en Nós TV. 

TítuloNo país do vento
Textos e música: Charo Pita
Intérpretes : María Faltri... [ et al.]
Ilustracións: Óscar Villán
Editorial: Galaxia
Colección: Sonárbore
Máis das ilustracións de Óscar Villán.


martes, 17 de xullo de 2018

Na nosa biblioteca (112)

En xuño recibimos de Xerais:


TítuloFóra do normal
Texto: María Reimóndez
Ilustracións: Miguel A. Vigo
Editorial: Xerais
Colección: Fóra de xogo
Premio Agustín Fernández Paz de Narrativa Infantil e Xuvenil pola Igualdade 2017 / Nova en El Progreso e entrevista en Sermos Galiza


TítuloO que sei do silencio
Texto: Andrea Maceiras
Editorial: Xerais
Colección: Fóra de xogo
Finalista do Premio Raíña Lupa 2017/ Reseña en Versos e aloumiños e máis no suplemento Faro da Escola.


TítuloAnimalia. 1. Verde
Texto e Ilustracións: Xosé Tomás
Editorial: Xerais
Colección: Cómic

Reseñas e recomendacións en Caderno da crítica, Cultura galega, suplemento Faro da Escola, Trafegando ronseis, Librería Couceiro en Correo TV.

xoves, 12 de xullo de 2018

Na nosa biblioteca (111)


Estas son as últimas novidades que recibimos da man de Baía:


TítuloO gatipedro
Texto: Jacobo Paz Limia
Ilustracións: Xosé Tomás
Editorial: Baía
Colección:  Conto x conto
Reseña literaria en Trafegando ronseis e en Chamando a terra


TítuloNube Branca quere ser astronauta
Texto: Pablo Nogueira
Ilustracións: Manuel Uhía
Editorial: Baía
Colección: Conto x conto
Reseña literaria en Trafegando ronseis e vídeo da presentación


martes, 10 de xullo de 2018

Na nosa biblioteca (110)



Novos números de Revista Platero e Revista Lazarillo para a nosa biblioteca!


Título: Revista Platero nº 216 (maio - xuño, 2018)
Editorial: Seminario de Literatura Infantil y Juvenil, Animación a la lectura y Bibliotecas Escolares. Centro de Profesores y Recursos de Oviedo

Inclúe as recomendacións lectoras:

  • Los niños de la viruela / María Solar ; traducción de Mª Jesús Fernández e ilustracións de Beatriz Castro. Anaya, 2017. En pax. 29
  • El secreto de la Isla Negra / Agustín Fernández Paz. Anaya, 2017. Lista de Honra da OEPLI 2019. En pax. 36
Dispoñible na oficina GÁLIX e aquí.



TítuloRevista Lazarillo  nº 38 (2018)
Editorial: Asociación Española de Amigos del Libro Infantil y Juvenil. Madrid

Na sección "Los escogidos" inclúe reseñas como as de:

  • Cara de velocidad / texto en glg. e esp. de Marga TojoKalandraka, 2018. Premio Ciudad de Orihuela
  • Uno más / texto en glg. e esp. de Olalla González ; ilustracións de Marc Taeger. Kalandraka, 2017
  • Apestoso tío Muffin / ilustracións de Víctor Rivas. Anaya, 2018
E unha entrevista a Antonio García Teijeiro por Nuria Ranz nas páxs. 82-86.


Dispoñible na oficina GÁLIX. Máis info aquí.

venres, 6 de xullo de 2018

Entrega de premios do concurso DILI 2018



O mes pasado puidemos entregar os premios concedidos ás gañadoras e gañadores dos premios do concurso DILI 2018.

A entrega realizouse no CEIP A Xunqueira 1 de Pontevedra o día 14 de xuño.

Podes ler todo sobre a entrega de premios nestes enlaces ás novas que se fixeron eco:


Parabéns de novo ás premiadas!


xoves, 5 de xullo de 2018

Na nosa biblioteca (109)



Velaquí novas publicacións da man de Kalandraka:


TítuloInventario ilustrado de dinosauros  
Texto: Virginie Aladjidi
Ilustracións: Emmanuelle Tchoukriel
Tradución: Fernando Moreiras
Editorial: Kalandraka
Colección: Faktoria K de libros. Ciencia

Título: Dez dedos nas mans e dez dedas nos pés
Texto: Mem Fox
Ilustracións: Helen Oxenbury
Tradución: Chema Heras
Editorial: Kalandraka
Colección: Tras os montes




TítuloO  curioso mundo de Calpurnia Tate
Texto: Jacqueline Kelly
Ilustracións: April Ward
Tradución: Carlos Acevedo
Editorial: Kalandraka
Colección: Narrativa


TítuloPaso a paso
Texto e Ilustracións: Leo Lionni (Ámsterdam, Toscana1910 - 1999)
Tradución: Xosé Manuel González "Oli"
Editorial: Kalandraka
Colección: Tras os montes
Medalla de Honor Caldecott 1961, Premio New York Times ao mellor libro ilustrado /Reseña en Canal Lector /100 años de Leo Lionni por Marcela Carranza

Título: Imaxina animais
Texto: Xosé Ballesteros
Ilustracións: Juan Vidaurre
Editorial: Kalandraka
Colección: MareMar
Video creado a partir do traballo realizado polos alumnos de 6ºB do CEIP de Arzúa para a campaña PALABRAS NO AR desenvolvida pola editorial Kalandraka para o programa Bocaberta, da Secretaría Xeral de Política Lingüística. Traballo realizado a partir da proposta de "Imaxina animais", de Xosé Ballesteros e Juan Vidaurre, editorial Kalandraka. Música do disco "Mimá", de Fiandola.

mércores, 4 de xullo de 2018

Ler, ler e ler no verán!



Coma todos os veráns, veñen as bibliotecas e os amigos lectores cargadiños de recomendacións e palabras fermosas para nos animar á lectura! 

Nós compilamos aquí unha selección de novas e de lecturas recomendadas para que non perdades ocasión de gozar este verán:

  • Comezamos cunha fermosa reflexión de Manuel BRAGADO, publicada estes días no Faro de Vigo: Beneficios da lectura.
  • Dentro da programación infantil e xuvenil a Biblioteca Pública de Santiago ÁNXEL CASAL presenta a mostra bibliográfica Son unha raiña, son un rei: a ruptura de estereotipos nos contos infantís. Pódese ver na Sala infantil ata o 31 e agosto, en horario de mañás.
  • BIBLIOLEIROS non podía faltar a esta cita! Este verán tráennos máis recomendacións en forma de podcast (aquí!) e toda a morea habitual de suxestións estivais neste CATÁLOGO.
  • Dende Caderno da Crítica tamén nos chegan DEZ TÍTULOS PARA ESTE VERÁN, cun par de achegas de LIX.
  • O equipo da biblioteca do CEIP VIRXE DO CARME de Barreiros tamén nos achega unha selección de lecturas para este verán aquí.

luns, 2 de xullo de 2018

Este libro encantoume (xullo 2018)


XULLO, 2018

Recomendamos: Bruxa e familia, de Paula Carballeira.


Onomástica é unha bruxa nova que vive nunha casa de pedra acompañada das gatas Isis e Nefertiti e de moitos outros animais. Recibe poucas visitas porque a xente desconfía das bruxas. A veciñanza prohibiulles aos seus fillos que a foran ver, pero ela é boa e quere axudar, e algún neno ou nena vai visitala cando seus pais non se decatan.
    Outros animais que a acompañan son o caracol Prisciliano que vive no cuarto de baño; a araña Sétima que cubre a casa coa súa tea; a súa filla Catrovecesdúas que xa está empezando a tecer a súa; a mosca Cornucopia que é a verdadeira gardiá; a escolopendra Pérfida que a imaxina bailando na escuridade; o rato Caruso que canta ao apagar a luz; a toupa Altamira que vive no xardín ou o merlo Tristán que todas as mañás toca no cristal para que lle leve pan mollado en leite. A todos lles puxo un nome importante e pasaron a formar parte da súa familia.
    De vez en cando tamén se presentan a curuxa Carmila e o Monstro do Tellado, que é un lobishome que non atopa o seu lugar en ningures.
    Rosaura é unha nena amiga que a visita sempre que pode. Foi aprendendo pequenos segredos ata que un día tivo que marcharse a vivir á cidade.
    Onomástica, polo seu aniversario, decidiu organizar tres festas:
    A primeira para a familia humana. Asistiron seu avó (que é poeta e fala raro), súa avoa, súa nai, seu pai e Rosaura.
    A segunda para a familia da casa, con todos os animais.
    A terceira para a familia do tellado, a curuxa Carmila e o monstro-lobishome.
    De agasallos recibiu unha cadeliña, que nomeou como Morgana, e un tambor africano que pertenceu a unha feiticeira.
    Chámanlle a Bruxa da Casa de Pedra e din que vive soa, pero iso non é certo.

    Historia entrañable que actualiza, para o público infantil, a figura da meiga e que está narrada coa imaxinación que caracteriza á autora. Preséntaa como unha muller nova, autónoma e independente, e como unha bruxa boa, coñecedora de diversos feitizos e receitas naturais.         Tamén recupera un personaxe da mitoloxía como é o lobishome. Mestura ficción e realidade e fai que nos fixemos en diferentes seres da natureza, aínda que sexan ben pequenos como un caracol. As atractivas ilustracións de Lucía Cobo axústanse ás descricións do relato e contribúen a destacar o texto.
    Obra moi interesante para traballar os valores de autoestima, empatía e igualdade.
    Un fermoso libro, que recomendamos para nenas e nenosa partir duns 8 anos, pero que tamén gustará aos maiores.
                                                                                                                        Luz Corral Uzal
______________________________
GÁLIX aporta cada mes unha reseña feita por algún socio para a sección Este libro encantoume da OEPLI, ao igual que o resto de seccións. Todos os meses poderás ver as recomendacións das seccións aquí, na web da OEPLI e as de GÁLIX, ademais, no noso blog (bota un ollo na barra lateral!). Se queres colaborar coas túas reseñas para esta sección, non dubides en nos contactar.