Recomendamos: Lúa, de Pepablo Patinho Penya.
E aló que marcha Lúa por ver se pode facer algo para remediar os males da Terra.
E vaia se o fai : remedia as absurdas e inxustas discriminacións, os egocentrismos, os egoísmos e máis o espírito belicoso dos habitantes da Terra. Que máis se pode pedir?...
Cunha linguaxe sinxela e en forma de pareados vainos contando Pepablo o doado que sería solucionar os problemas da xente utilizando sen máis a lóxica, a tenrura e o amor.
Este conto “encantoume” precisamente pola súa sinxeleza, fino sentido do humor e abraiante frescura..
As ilustracións de Nuria Díaz contribúen, coas súas puras e xeometrizantes liñas e os seus trazos, enormemente expresivos, a dar, en grande medida, o ton sinxelo e humorístico que o libro transmite.
Permitídeme rematar esta breve recensión con estes catro versos tirados do propio conto:
“Imos para casa, amigos,
Eu non quero xamáis guerra,
Quero aloumiños
Da xente que me queira”
0 comentarios:
[Comentario blog]