Velaquí algunhas novas da LIX que quedaran no tinteiro:
- Xa está dispoñible na nosa biblioteca o número 87 da Revista Faristol. Podedes pasar pola nosa oficina consultar este número ou os anteriores.
- O xornal El Correo Gallego publicou unha crítica de Carmen Ferreira sobre a novela Muriel, de María Canosa, Premio Merlín de Literatura Infantil 2017, ilustrada por Lucía Cobo.
- O poeta Carlos Negro foi elixido premio dos Clubs de lectura 2018 por ser o autor galego máis lido polas lectoras e lectores que formaron parte dos clubs de lectura no curso 2016-2017. O premio creouse no ano 2015, e dende entón recibírono Agustín Fernández Paz (2015), Ledicia Costas (2016) e Miguelanxo Prado (2017).
- O día 28 de abril, en Chamando á terra contaron con dúas intervencións das que nos facemos eco: unha conversa con Iria Misa sobre a súa segunda novela xuvenil, Segredos no solpor, e outra con Marilar Aleixandre e Fina Casalderrey falando do seu libro homenaxe a María Victoria Moreno.
- Tamén entrevistaron a Iria Misa na web Balea Cultural e en Palabra de Gatsby para falar de Segredos no Solpor.
- E en La Región atopamos esta entrevista a Ledicia Costas, por Cristina Marquina. Tamén a entrevistaron no ZigZag Diario, aquí.
0 comentarios:
[Comentario blog]