venres, 27 de abril de 2018

Novas da LIX


Rematamos o mes con algunhas novas da LIX:



xoves, 26 de abril de 2018

Na nosa biblioteca (101)

Aquí están unha morea de novidades da man de Editorial Embora:


TítuloA estraña aventura de Manoliño Singapur
Texto: Xoán Babarro González
Ilustracións: María Brenn
Editorial: Edicións Embora
Colección: O globo


TítuloBrian, o chinés
Texto: David Daniel Vázquez Álvarez
Ilustracións: Andrés Meixide
Editorial: Edicións Embora
Colección: O globo
Primeiro Premio de Novela Xosé Neira Vilas / Máis info 

TítuloLúa
Texto: Pepablo Patinho Penya
Ilustracións: Nuria Díaz
Editorial: Edicións Embora
Colección: Fardel dos soños 
Xénero : Poesía
Máis info 

Título: Guau, guau, guau
Texto: Carlos López
Ilustracións: Eva Seoane Casanova
Editorial: Edicións Embora
Colección: Fardel dos soños 


TítuloPoemas con canela
Texto: Miguel Anxo Romero
Ilustracións: Leandro Lamas
Composición musical:  Bárbara Mourelo
Editorial: Edicións Embora
Colección: Fardel dos soños (Libro  disco)


TítuloCaderno de fume
Texto: Antonio García Teijeiro
Ilustracións: Leandro Lamas
Editorial : Edicións Embora
Colección : Fardel dos soños
Xénero : Poesía 

Reseñas literarias en Caderno da Crítica e Trafegando Ronseis / É unha reedición do libro publicado por Anaya en 1999, na colección Sopa de libros, con ilustracións de Xosé Cobas

mércores, 25 de abril de 2018

Presentación de Escaquis e Romeu e As peripecias de Extravaganzza Pérez en A Coruña


Este venres 27 de abril de 2018 ás 19:30 horas, na Librería Moito Conto, rúa San Andrés, 35, A Coruña, terá lugar a presentación dos libros Escaquis e Romeu de Antonio Manuel Fraga e As peripecias de Extravaganzza Pérez de Ledicia Costas.

No acto participarán Antonio Manuel Fraga, Ledicia Costas e Manuel Bragado.

Antonio M. Fraga gaña o I Premio María Victoria Moreno de Literatura Xuvenil


O amigo Antonio M. Fraga resultou gañador do I Premio María Victoria Moreno de Literatura Xuvenil coa obra O bestiario científico de Anxos Nogueirosa.

O xurado, reunido en Pontevedra o 23 de abril e composto por Eli Ríos, en representación da familia de María Victoria Moreno; Andrea Martínez, alumna do IES Torrente Ballester; Carme Hermida, en representación do Concello de Pontevedra; Montse Pena Presas, experta en LIX; Andrea Jamardo Seijo, en representación de Urco Editora e David Cortizo Conde, de Urco Editora, que actuou como secretario sen voz e sen voto, salientou desta obra "a fortaleza dos personaxes femininos, dotados dunha afouteza optimista e sen creba, a introdución do bestiario máxico galego nun contexto histórico e, no entanto, dotado de modernidade e a mestría con que tece con precisión a linguaxe nos novelos da maxia".

Parabéns, Antonio!

Na nosa biblioteca (100)


TítuloA soidade do asasino
Texto: Carlos G. Reigosa
Editorial: Xerais
Colección: Fóra de xogo
Xénero: Teatro

Reseñas en Trafegando Ronseis, TVG Cada día un libro e Diario de Ferrol. Suplemento Nordesía. Armando Requeixo 

Título: Segredos no solpor
Texto: Iria Misa
Editorial: Xerais
Colección: Fóra de xogo
Entrevistas en Balea Cultural, Palabra de Gatsby e Faro de Vigo / Reseñas en Trafegando Ronseis e TVG Cada día un libro

martes, 24 de abril de 2018

Na nosa biblioteca (99)


Recibimos estas tres novas obras da man de Kalandraka:


Título: Cara de velocidade
Texto: Marga Tojo
Ilustracións: María Hergueta
Editorial: Kalandraka
Colección: Orihuela

X Premio Internacional Cidade de Orihuela de Poesía / Reseñas en Caderno da Crítica, Trafegando Ronseis, Letra en obras, ZigZag Diario, Diario Cultural da Radio Galega

TítuloA árbore dos soños
Texto: Fernando Alonso
Ilustracións: Emilio Urberuaga
Tradución: Ramón Nicolás
Editorial: Kalandraka
Colección: Sete Leguas

Reseña no Diaro de Ferrol. Suplemento Nordesía. Sección "De mar a mar" por Vicente Araguas

TítuloNina e Antón
Texto: Antonio Ventura
Ilustracións: Alejandra Estrada
Tradución: Manuela Rodríguez
Editorial: Kalandraka
Colección: Demademora

Mención do IX Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado / Reseña en Trafegando Ronseis 

luns, 23 de abril de 2018

Na nosa biblioteca (98)

Este mes os amigos de Urco fixéronnos chegar esta novidade:


TítuloCoraline
Texto: Neil Gaiman
Tradución: Tomás González Ahola
Editorial: Urco Editora
Colección: Xuvenil
Reseña no blog Kindlegarten

venres, 20 de abril de 2018

I Premio Carlos Mosteiro de Literatura Infantil

**PRAZO AMPLIADO**

O Concello da Pobra do Caramiñal, en colaboración con Barbantia (asociación cultural da comarca do Barbanza) e Editorial Galaxia, vén de convocar o I Premio Carlos Mosteiro de Literatura Infantil.

O premio está destinado a obras para un público de  entre 3 e 12 anos, e está dotado con 1.500 euros e a publicación da obra na colección Árbore da Editorial Galaxia.

O prazo para a recepción de orixinais remata o 2 de maio 1 de xuño e o fallo darase a coñecer a inicio do mes de xullo. Un xurado composto por tres persoas vinculadas á literatura infantil revisará os textos para emitir un fallo que se dará a coñecer o 3 de xullo. A entrega do galardón e a presentación do libro, xa editado, están fixadas para o 3 de novembro. 
Bases I Premio Carlos Mosteiro de Literatura Infantil Concello da Pobra 2018 / Máis información

Maratón literario de poesía na biblioteca pública municipal de Cuntis

A Biblioteca Pública Municipal "Roberto Blanco Torres" de Cuntis vén de  convocar o I MARATÓN LITERARIO DE POESÍA DE AUTOR.

O certame está aberto a maiores de 18 anos que presenten un máximo de 3 poemas antes do 5 de maio e está dotado con 3 premios de 300, 200 e 100 euros.

Consulta todas as bases aquí!

xoves, 19 de abril de 2018

O Observatorio da Lectura e o Libro publica a actualización de 2018 do informe de LIX en España



O Observatorio da Lectura e o Libro vén de publicar a última actualización do informe de LIX en España.

Este estudio monográfico recolle os principais datos de produción e facturación, así como as tendencias máis significativas desta parte do sector. Analízanse tamén as características da oferta editorial de LIX e a súa relación con outors medios, alén de recopilarse unha selección de recursos especializados.

Esta nova edición presenta diferenzas con respecto ás anteriores, xa que pretende centrar o seu contido en maior medida no acontecido no ano pasado e no que levamos de 2018.

Aquí podes consultar unha infografía cos principais datos e 10 claves para entender o libro infantil e xuvenil en España na actualidade.

Consulta o informe completo aquí.



martes, 17 de abril de 2018

Recursos para a igualdade na LIX


A nosa vogal de relacións institucionais, Pilar Sampedro, ofrécenos no seu blog un útil recurso para mediadores que queiran traballar a igualdade na LIX. Nesta entrada atoparedes as ligazóns a moitas outras entradas, recursos, iniciativas, etc. que tratan da igualdade na LIX e a súa importancia. Esta entrada actualizarase a cotío, polo que a engadimos como parte dos nosos Recursos.
Botádelle un ollo aquí.

Xornada A Lei do Libro a debate

Este xoves 19 de abril, co gallo do Día Mundial do Libro e a Lectura, a Sección de Lingua, Literatura e Comunicación do Consello da Cultura Galega (CCG) organiza unha xornada de avaliación do desenvolvemento da Lei do Libro e da Lectura de Galicia, un texto que foi elaborado colectivamente no seu día e aprobado no Parlamento en 2006.

A partir da análise dos datos empíricos e dos obxectivos que a Lei pretendía e permitía acadar, valoraranse tamén os contidos desta dende a perspectiva legal e administrativa, así como a súa vixencia, fortalezas e feblezas a partir dos puntos de vista achegados polos distintos axentes públicos e privados relacionados con este ámbito.
Toda a información aquí: A lei do libro 2006 a debate
A Lei do Libro 2006 a debate   
Xoves, 19 de abril de 2018.  
Coordina:  Manuel Bragado,   Dolores Vilavedra. 
Organiza: 
Sección de Lingua, Literatura e Comunicación (CCG). LUGAR: Consello da Cultura Galega, Santiago de Compostela

Programa:

Sesión de mañá
10:00 horas
O proceso de elaboración da Lei do Libro 2006 Presenta: Manuel Bragado
Cristina Novoa, Asesoría de Bibliotecas Escolares
Xavier Senín, subdirector xeral de Cultura en 2006
11:00 horas
Datos da edición en Galicia 2006-2016 Observatorio da Cultura Galega, CCG
11:30 horas. Pausa
12:00 horas
Contidos da Lei do libro 2006 Presenta: Alba NogueiraCarlos Amoedo, Universidade da Coruña
 
Sesión de tarde
16:30 horas
Lei do libro 2006, vixencia e perspectivas de reformaModera: Marcos Lorenzo
Xosé Ballesteros, AGE
José Daniel Buján Núñez, xefe de servizo da Biblioteca de Galicia
Susana Castro Barral, subdirectora xeral de Centros
Mercedes Queixas, AELG
Pilar Rodríguez
, Federación de Librarías
Dolores Tobío Barreira, xefa do Servizo do Libro e Publicacións
Debate final

INSCRICIÓN
A inscrición é gratuíta.
O número de prazas é limitado (100 persoas).
As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.
Entregarase diploma acreditativo de asistencia á xornada.
Para obter o diploma é preciso asistir ao 75 % das sesións.

luns, 16 de abril de 2018

Catálogo OEPLI 2017



A OEPLI e as súas seccións territoriais: Consejo, ClijCat, Galtzagorri e Gálix, en colaboración co Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, edita o catálogo LITERATURA INFANTIL E XUVENIL ESPAÑOLA.Selección OEPLI 2017. Un libro/catálogo coa selección bibliográfica dos mellores libros infantís e xuvenís de escritores e ilustradores españois publicados ao longo do ano pasado. Son obras que obedecen a criterios de calidade e idoneidade, o que as fai merecedoras de formar parte desta lista de honra por seren consideradas significativas dentro da gran produción existente.

Considerando que a literatura infantil e xuvenil producida nas linguas oficiais do Estado español alcanzou un importante nivel de calidade e de edición e co fin de estimular unha mellor difusión en ámbitos lingüísticos internacionais, propiciar a compra de dereitos de tradución e edición e crear un soporte de calidade paralelo aos lóxicos intereses comerciais, o catálogo produciuse en español e inglés.


-->
O libro/catálogocontén unha selección de 200 títulos realizada polas diferentes seccións territoriais da OEPLi: ClijCat, Galtzagorri, Gálix e Consejo, entidades nas que están representados todos os sectores do mundo literario: escritores, ilustradores, editores, libreiros, bibliotecarios, críticos, etc. que avalarán a calidade e idoneidade de cada un dos títulos seleccionados.

O catálogo está dispoñible tamén na páxina de Recursos.
Sobre o catálogo na Revista Babar.

Na nosa biblioteca (97)

Aquí tedes as últimas novidades de Rodeira:



TítuloSon unha noz
Texto: Beatriz Osés
Ilustracións: Jordi Sempere
Tradución: Mª Xesús Gómez Sanjurjo
Editorial: Rodeira
Colección: Tucán. 8+
XXVI Premio Edebé de Literatura Infantil 2018 / Descargar capítulo



TítuloDescoñecidos
Texto: David Lozano
Tradución: Belén Rodríguez Suárez
Editorial: Rodeira
Colección: Periscopio

XXVI Premio Edebé de Literatura Xuvenil 2018Descargar capítulo