Como símbolo de unión entre os pobos do mundo, cada ano un país membro do IBBY é o encargado de patrocinar o Día e selecciona a un escritor ou escritora e a un ilustrador ou ilustradora para que redacten e confeccionen a mensaxe e o cartaz dirixidos a todos os nenos e nenas do mundo.
Este 2018, o país encargado é Letonia: a mensaxe é unha creación da escritora e editora Inese Zandere e o cartaz, do recoñecido ilustrador Reinis Petersons.
A OEPLI e GÁLIX, xunto co resto das seccións da OEPLI, en colaboración co Ministerio de Educación, Cultura e Deporte promoven a celebración deste día.
Por iso, queremos facervos chegar este fermoso cartaz así como a mensaxe traducia a galego e animar, coma todos anos, a que bibliotecas, librarías e outras entidades participen na celebración do Día Internacional do Libro Infantil e animen a nenos e nenas a participar no concurso deste ano.
Descarga aquí o cartaz e o folleto / Descarga aquí os bannersPertences a unha biblioteca, libraría, colexio, etc.? Mira como adherirte aquí e descarga aquí as bases do concurso!
Na túa biblioteca non saben deste concurso? Anima a que participen enviándolles este enlace!
Non sabes que obra de Andersen escoller ou recomendar? Temos unha bibliografía para axudarvos co concurso aquí mesmo!
Toda a información aquí.
0 comentarios:
[Comentario blog]