Hoxe comeza a nosa cita anual coa industria cultural galega: o Culturgal.
Poderedes gozar dunha morea de actividades no Pazo da Cultura de Pontevedra durante toda a fin de semana, dende hoxe, 1 de decembro, ata o domingo 3. Esta é xa a décima edición do Culturgal. Descubre máis aquí.
Descarga aquí o programa completoVelaquí algunhas iniciativas e actividades que podes atopar no Culturgal e das que os organizadores nos mandaron información:
Hoxe, conferencia sobre financiamento europeo a proxectos culturais, ás 17:00 no Salón de Actos, organizada polo Concello de Pontevedra e o Ministerio de Cultura e con presenza da experta da Universidade de Vigo. Máis info aquí.
Tamén teredes unha morea de actividades da man de Urco Editora. Consulta na imaxe as actividades (clic para ampliar), máis información no seu Facebook, aquí.
Kalandraka convirte o seu stand nun estudio radiofónico no que recibirá a unha morea de creadores que asinarán exemplares das súas obras. O sábado ás 19:00, no Espazo Libro, non perdas o faladoiro co lema "Poesía galega ao abeiro da colección Tambo". Bota un ollo na imaxe para máis información. Tamén podes ler máis aquí.
0 comentarios:
[Comentario blog]