Aínda podes participar no I Premio Internacional de Ilustración para o Salón do Libro

Publicado por GÁLIX | 23.10.17 Deixa un comentario


Lembrámosvos que está aberta a recepción de obras para o I Premio Internacional de Ilustración convocado por Gálix en colaboración co Concello de Pontevedra.

A finalidade deste certame é escoller a ilustración do cartel da XIX edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, que se celebrará no Pazo da Cultura da cidade
entre o 6 e o 29 de abril de 2018 e que terá a temática central de: MULLERES DE CONTO.

Este premio ten unha dotación de 3.000 € e a obra gañadora ilustrará o cartel do salón da edición 2018. Ademais, a Deputación de Pontevedra publicará un catálogo en forma de calendario coas 12 obras finalistas.

Anímate e participa! Ti podes ilustrar o cartel do próximo Salón!
Descarga as bases do certame aquí. Máis información en salondolibro.gal/premio

Publicación máis recente Publicación máis antiga

0 comentarios:

[Comentario blog]