Mesmo se no mes de agosto gozamos das nosas merecidas vacacións, á volta botamos a vista atrás para vos traer unha selección de reseñas e entrevistas da LIX que viron a luz no verán:
- Reseñas de Antonio García Teijeiro sobre Álex e o rato de corda e sobre Os días lebre.
- Reseñas de Ramón Nicolás sobre Un máis e sobre Alí Babá, Morxiana e os corenta usureiros.
- Reseña de Armando Requeixo sobre O soño de Bolboreta.
- Reseñas de David González sobre O que nunca che contaron, sobre O gume ígneo e sobre Conta saldada.
- A obra de Neira Vilas Memorias dun neno labrego foi traducida ao esperanto, baixo o título Memorajoj de Kampara Knabo. Un exemplar desta tradución vai ser enviado á biblioteca da UNESCO.
Entrevista co autor en Sermos Galiza / Artigo de Miguel Pardo en Praza.
- A ilustradora coruñesa Bea Lema foi a gañadora do Premio de Banda Deseñada “Castelao”, convocado pola Deputación da Coruña. A convocatoria destinada ao público infantil quedou deserta por decisión do xurado.
Máis info
- Entrevista a Ledicia Costas en Sermos Galiza por María Obelleiro. Pódese ler a entrevista íntegra no Sermos Galiza nº 259.
- Entrevista a Xesús Couceiro, fundador da Libraría Couceiro (Santiago, 1969) por Montse Dopico en Praza.
0 comentarios:
[Comentario blog]