Estamos especialmente contentas de vos informar do novo programa que mañá ás 15h se estrea na Radio Galega, Chamando á terra. Comandado por María Solar, este novo espazo nace para divulgar e falar de libros en galego, libros de todos os xéneros pero entre os que a LIX contará co agarimo especial que directora e colaboradoras saben dar. A carón de María Solar, a nosa amiga Montse Pena Presas, Malores Villanueva e Alba Cid entrarán coa súa fonda experiencia nesta conversa.
Escoita mañá Chamando á terra, de 15h a 16h, na Radio Galega.Aquí tes o facebook e twitter de Chamando á terra.
Este verán puidemos gozar doutras iniciativas, como o intercambio de postais que se levou a cabo con éxito entre a Biblioteca Neira Vilas de Vigo e a Cumberland Public Library, grazas ao contacto que recibimos en GÁLIX a través da familia IBBY e da IFLA. É un pracer cruzar fronteiras!
E, falando de bibliotecas, pechamos as novas por hoxe coa programación da Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés para este mes de setembro. Podes vela completa aquí.
0 comentarios:
[Comentario blog]