luns, 31 de xullo de 2017

Novas da LIX (e marchamos de vacacións!)


Achégase agosto e marchamos de vacacións, non sen antes vos deixar unhas poucas novas da LIX que poden ser do voso interese.


Boas lecturas ao sol! :)

sábado, 29 de xullo de 2017

Un paso máis cara ao Premio de Teatro Infantil e Xuvenil Carlos Casares


Esta semana, o presidente de GÁLIX e a OEPLI, Xosé Antonio Perozo, xunto co vicepresidente Antonio Seijas, Mercedes Pacheco de Auga Editora e David Cortizo de Urco, reuníronse co presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, para analizar a nosa proposta para a creación dun premio de teatro infantil e xuvenil baixo o nome de Carlos Casares.

A iniciativa propón un premio de carácter anual cuxa convocatoria coincida coa data de nacemento de Carlos Casares, o 24 de agosto. O ditame do xurado tería lugar na mesma data do ano seguinte. O Teatro Principal de Ourense acollería no Nadal seguinte a representación da obra gañadora.

A nova na web da Deputación.

xoves, 20 de xullo de 2017

Máis guías de lectura para o verán


Velaquí máis guías de lectura para este verán! Estas veñen da man do colectivo Lemos Le, formado por bibliotecas escolares e bibliotecas públicas municipais da comarca de Lemos e a Asociación de Libreiros de Monforte.



luns, 17 de xullo de 2017

Na nosa biblioteca (66)


Novidades de Kalandraka na nosa biblioteca este mes:


Título: Os días lebre
Texto: Clara López
Ilustracións: Marcos Viso
Editorial: Kalandraka
Colección:Poesía ilustrada


Título: Caracol, onde estás?
Texto e Ilustracións: Tomi Ungerer
Editorial: Kalandraka
Colección:Tras os montes

venres, 14 de xullo de 2017

Biblioteca en Acción coas persoas #refuxiadas


En apoio de Acampa, a Biblioteca Municipal Durán Loriga de A Coruña está a realizar unha mostra bibliográfica que, co título Biblioteca en Acción. Refuxiadas, recomenda obras de ficción e divulgación sobre as persoas #refuxiadas.

Na mostra pódense atopar contos, documentais, ensaios, novelas, cómics, etc. para todas as edades. Esta mostra, que tamén está dispoñible para o préstamo, intenta divulgar e visibilizar a realidade que viven milleiros de persoas que fuxen da dor, do sufrimento, das inxustizas, etc. e buscan refuxio fóra da súa terra natal.

A guía de lecturas recomendadas pódese ver nesta ligazón.


xoves, 13 de xullo de 2017

Obras galegas na Lista de Honra do IBBY

Estamos felices de compartir con vós a nova das obras galegas seleccionadas para pasar a formar parte da Lista de Honra do IBBY:


Lendo lendas, digo versos, de Antonio García Teijeiro e Antonio García Reigosa. (Ed. Xerais, 2016)

Botchan, traducido por Mona Imai. (Sushi Books. , 2016)


Máis información aquí.

Na nosa biblioteca (65)


Temos na biblioteca un novo número da revista Platero:



Título: Platero: revista de Literatura Infantil-Juvenil (nº. 211, maio-xuño 2017)
Editorial: Seminario de Literatura Infantil y Juvenil. Centro de Profesores y Recursos. Oviedo
Inicio: 1986
Periodicidade: Bimestral
Número especial de reseñas. Un repaso da LIX que abrangue dende edicións bilingües a prelectores, narrativa de peto, adaptacións, etc. 

Bibliografías comentadas de libros de autores galegos como:
  • Á árbore da escola
  • A neve interminable
  • Historia da bicicleta dun home lagarto
  • Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta

venres, 7 de xullo de 2017

Na nosa biblioteca (64)


Rematamos a semana coas últimas publicacións de Oqueleo:


Título: Kibuko
Texto: Xavier Estévez
Ilustracións da cuberta: Elena Hormiga
Editorial: Oqueleo / Santillana - Obradoiro
Colección: Laranxa (+ 10)


Título: Nube de neve
Texto: Xabier P. DoCampo
Ilustracións: Xosé Cobas
Editorial: Oqueleo / Santillana - Obradoiro
Colección: Amarelo (+6)
Reseña de Pilar Sampedro no seu blog


xoves, 6 de xullo de 2017

Na nosa biblioteca (63)




Velaquí a última publicación de Sushi Books:


Título: Jim Botón e Lucas o maquinista
Texto: Michel Ende
Ilustracións: Franz Josef Tripp
Tradución: Moisés Barcia
Editorial: Sushi Books / Rinoceronte Editora
Colección: Intermedio
Podes ler as primeiras páxinas do libro aquí.E aquí podes ver unha reseña de Estíbaliz Espinosa na que elixe este libro como recordo especial da súa infancia.

mércores, 5 de xullo de 2017

Este libro encantoume (xullo 2017)



XULLO, 2017

Recomendamos: Oxalá estiveses aquí, de Charo Pita
"Oxalá estiveses aquí” é a frase que, a modo de mensaxe, atopa Lebre na  botella que chega polo río. Cangrexo, Lagarta, Abella e Vento Norberto son os amigos de Lebre. Eles, só cando se deciden a facelo entre todos, conseguirán extraer a folla coa misiva, a modo de tesouro.  Non saben quen escribiu a nota nin onde o fixo, e pregúntanse: onde é que está “aquí”? A folla é descoñecida para eles, polo tanto ha de ser algún árbore das Terras do Alén, e cara alí se dirixe Lebre.  Vai, contra a opinión dos demais, que consideran que a Gran  Pradaira é o mellor lugar do mundo.
Leva os seus agasallos: a pinza enorme do Gran Tataracangrexo, un líquido para camuflarse, unha buguina do vento, un chisco de mel e un consello “cando te atopes nunha situación difícil, respira profundamente. Airearse sempre axuda” dille Vento.
No seu camiño, cara o nacemento do río, coñecerá o garda fronteira Teixo que lle informa que é a segunda lebre que cruza, Gato salvaxe do que se fará amiga ao quitarlle unha espiña, Salmón que tamén vai río arriba detrás dun misterio, Vella Lebre que a salva da nube de paxaros negros que están a punto de acabar con ela, Morcego que non entende que haxa alguén diferente a el, Rato que se fai o monstro para defenderse dos perigos... e por fin, á beira da fonte da que nace o río, atopa a Tartaruga que confesa ter escrito a mensaxe. Unha vez logrado o obxectivo, seguiremos lendo para descubrir que é o que vai facer este pequeno animal que transforma o medo en valentía.
Unha narración que fala de emocións e sentimentos, da amizade e dos retos, das dificultades e as marabillas da vida. Unha fábula chea de leccións básicas, das ensinanzas que sempre debéramos ter presentes e da tenrura que aflora nos libros de Heine ou de Janosh.
A autoroa, narradora oral, fía unha historia cos recursos do relato e a maxia da oralidade.
As ilustracións, que se caracterizan pola economía de liñas e a sinxeleza dos trazos, teñen unidade e personalidade propia. Elas tamén expresan os sentimentos que atravesan  e impregnan a novela.

Pilar Sampedro
______________________________
GÁLIX aporta cada mes unha reseña feita por algún socio para a sección Este libro encantoume da OEPLI, ao igual que o resto de seccións. Todos os meses poderás ver as recomendacións das seccións aquí, na web da OEPLI e as de GÁLIX, ademais, no noso blog (bota un ollo na barra lateral!). Se queres colaborar coas túas reseñas para esta sección, non dubides en nos contactar.