A Asociación Espazo Lectura, gañadora o pasado ano do Premio á Mellor Iniciativa Cultural ou de Fomento da Lectura na I Gala do Libro Galego, vén de suspender as súas actividades e renunciar ao fondo de 5.000 € que o Concello destinaba ao seu programa por mor do enfrontamento do Concello coa entidade.
Espazo Lectura denuncia o estado no que quedaron os espazos nos que desenvolvía a súa actividade a raíz dunha reforma e reclama dende hai tempo o precario estado da biblioteca municipal, que carece de persoal e fondos para desenvolver a súa actividade correctamente. Tras a negativa do Concello a chegar a un acordo, a asociación acordou en maio suspender as súas actividades. No entanto, continuará coas actividades que desenvolven na súa propia sede, na Casa da Lectura.
Dende GÁLIX queremos amosar a nosa admiración á labor que a asociación leva tanto tempo facendo, unha iniciativa tan boa como necesaria, e enviamos todo o noso apoio a Espazo Lectura.
Consulta os comunicados completos de Espazo Lectura nesta nova de Culturagalega.org.
0 comentarios:
[Comentario blog]