mércores, 22 de febreiro de 2017

Novas da LIX (8)

Velaquí algunhas das últimas novidades de interese para a LIX:

venres, 17 de febreiro de 2017

Na nosa biblioteca (39)


Rematamos a semana coas novidades de Kalandraka: un conto hindú tradicional e unha fermosa historia sen palabras.

xoves, 16 de febreiro de 2017

Na nosa biblioteca (38)


Velaquí as novidades da Editorial Galaxia, un bo feixe de novas obras coas que comezar o ano!

mércores, 15 de febreiro de 2017

Día Internacional do Libro Infantil 2017


Un ano máis, xa están listos os preparativos para a celebración do Día Internacional do Libro Infantil, a xornada que conmemora o nacemento de Hans Christian Andersen o día 2 de abril.

venres, 10 de febreiro de 2017

Na nosa biblioteca (37)


Rematamos a semana coas últimas novidades recibidas na nosa biblioteca de Baía Edicións e Embora Eidicións:

xoves, 9 de febreiro de 2017

Actividades infantís nas Bibliotecas de Oleiros 2017

Desde o 6 de febreiro e ata maio, nas Bibliotecas Municipais de Oleiros levaranse a cabo 58 sesións de diversas actividades infantís dirixidas a nenas e nenos desde 1 a 10 anos.

Nas actividades con aforo limitado poderanse inscribir desde 10 días antes da data de realización da mesma.

Consulta o folleto aquí.

mércores, 8 de febreiro de 2017

Premio Fundación Cuatro Gatos 2017

Neste enlace podedes acceder ao folleto dixital coas 20 obras gañadoras do Premio Fundación Cuatrogatos 2017.

Ademais da listaxe e reseñas das obras, inclúense 12 libros finalistas e 90 títulos recomendados entre os que se atopan obras galegas como A estrambótica illa do tesouro, Balea ou A neve interminable.