venres, 23 de decembro de 2016

Bo Nadal!

Cos nosos mellores desexos para estas festas, 
Bo Nadal e un ventureiro 2017.

martes, 13 de decembro de 2016

Acto de nomeamento de Marifé Quesada como Socia de Honra de GÁLIX 2016

O pasado luns día 12 de decembro celebramos no IES Valadares (Vigo) o nomeamento como Socia de Honra da GÁLIX de Marifé Quesada, primeira ilustradora en acadar este recoñecemento.
GÁLIX agasallou aos asistentes cun díptico numerado cunha ilustración de Marifé Quesada acompañada por palabras de María Xosé Queizán.

Tras unha breve benvida por parte do presidente de GÁLIX, Xosé Antonio Perozo, o acto comezou cunha proxección de diapositivas con ilustracións da nova Socia de Honra. A continuación o númeroso público que participou no acto puido gozar da marabillosa laudatio lida pola escritora María Xosé Queizán, así como da réplica emocionada da homenaxeada.


Tras o intercambio de agasallos entre o IES Valadares e Marifé, o acto finalizou coas palabras da directora do centro, Eva López Tarrío, e da concelleira de Educación do Concello de Vigo, Olga Alonso.
    

martes, 6 de decembro de 2016

Marifé Quesada nomeada Socia de Honra de GÁLIX

A xunta directiva de GÁLIX decidiu por unanimidade nomear Socia de Honra 2016 á ilustradora Mª Fe Quesada.
A entrega do galardón terá lugar o vindeiro luns, día 12 de decembro, ás 12 h. nun acto escolar aberto ao público no IES Valadares (Vigo).
A escritora María Xosé Queizán lerá a laudatio. Despois procederase á proxección dos traballos da galardoada e o alumnado asistente ao acto poderá, ademais de manter un coloquio coa ilustradora, recibir un gravado numerado e asinado por ela, feita para esta ocasión. Logo da resposta da homenaxeada á laudatio, o presidente de GÁLIX fará entrega da escultura deseño de Noemí López, que acredita o nomeamento.
Nas anteriores edicións recibiron esta mesma distinción Xavier Senín, Xosé Neira Vilas, Agustín Fernández Paz, Fina Casalderrey, Xoán Babarro e Helena Villar Janeiro.

venres, 2 de decembro de 2016

Novas da LIX (7)

Deixamos atrás novembro e entramos no mes de nadal coas últimas novas e unha recopilación mensual de novas do blog, ademais dunha novidade na nosa web, xa que, grazas ao convenio de prácticas coa Universidade de Vigo, agora a maioría das páxinas estáticas de galix.gal poden consultarse en castelán, inglés e francés.

Feliz mes!

Novas:

  • Ramón Nicolás fala en Caderno da Crítica de Do re mi fantasía, de Concha Blanco, aquí. [Ficha do libro en Editorial Bolanda]
  • Conferencias do Simposio "10 años de LIJ" - Noticias Gretel: Ao longo de10 anos, recoñecidos profesionais do ámbito da LIX grabaron conferencias para o máster; agora estas conferencias ofrécense en aberto para proveito de todos. Neste enlace podes acceder aos discursos de Teresa colomer, Brenda Bellorín, Álvaro Marchesi, Ana María Machado, Antonio Basanta, Clara Budnick, Daniel Goldin, Elisa Bonilla, Emilia Ferreiro, etc.

Máis de novembro no blog de GÁLIX: