mércores, 30 de novembro de 2016

Na nosa biblioteca (35)


Rematamos o mes coas últimas novidades de Kalandraka!:


Título: Canta connosco!
Texto: María Campos e Carlos Yus
Música:  Migallas
Ilustracións: Óscar Villán
Editorial: Kalandraka

*Edición especial 20 anos: CD + DVD e karaoke.


Título: Inventario das aves
Texto: Virginie Aladjidi
Ilustracións: Emmanuelle Tchoukriel
Tradución: Fernando Moreiras
Editorial: Faktoría k de libros - Kalandraka


Título: Unha última carta
Texto: Antonis Papatheodoulou
Ilustracións: Iris Samartzi
Tradución: Manuela Rodríguez
Editorial: Kalandraka

*IX Premio Internacional Compostela de Álbums Ilustrados. Enlace á nova da entrega do premio aquí.

luns, 28 de novembro de 2016

Na nosa biblioteca (34)


Dende Sushi Books chéganos á biblioteca de GÁLIX a continuación das aventuras da protagonista de A lenda de Sally Jones (que che presentamos aquí):


Título: O mono do asasino
Texto e Ilustracións: Jacob Wegelius
Tradución: a partir da vesrsión castelá, Moisés Barcia
Editorial: Sushi Books

* Obra premiada polo Consello Nórdico na categoría de Libro Infantil e Xuvenil.


xoves, 24 de novembro de 2016

Na nosa biblioteca (33)


Este mes foron moitas as novidades chegadas dende a Editorial Galaxia á nosa biblioteca. Aquí tes toda a información:


Título: Os Cabezombis na Mansión Espello
Texto: Patricia Mallo
Ilustracións: Perrilla
Editorial: Galaxia
Colección: Árbore, a partir dos 10 anos


Título: Versos da tarde laranxa
Texto: Ana Mª Fernández
Ilustracións: María Ruiz Castelain
Editorial: Galaxia
Colección: Árbore, a partir dos 8 anos


Título: Nunca mascotas
Texto: Paula Carballeira
Editorial: Galaxia
Colección: Costa Oeste

* Presentación do libro Nunca Mascotas na libraría Andel de Vigo o 29/11/2016, ás 20:00h. Recital poético-musical de Paula Carballeira, acompañada do músico Suso Cortegoso.


Título: Alén da aventura
Texto: Carlos Vila Sexto
Ilustracións: Roberto Vila Rodríguez
Edición: 2ª edición.
Editorial: Galaxia
Colección: Árbore

* V Premio Rúa Nova de Narracións Xuvenís


Título: O noso samaín
Texto: Loretta Birott Bermejo
Ilustracións: Nuria Valdeón Balsas
Editorial: Galaxia

* Entrevista coa autora en Faro de Vigo por Ana Baena


martes, 22 de novembro de 2016

Novas de LIX - Premios de novembro


Este mes foron varios os premios e honras recibidos no eido da LIX. Por se vos perdestes algún, aquí vos quedan os enlaces a toda a información:

LAZARILLO
Carles Cano gaña o Premio Lazarillo de Creación Literaria 2016
Ana González e Kike Ibáñez gañan o Premio Lazarillo de Álbum Ilustrado 2016

CÓMIC
Pablo Auladell gañou o Premio Nacional de Cómic 2016 (+info sobre Pablo Auladell neste enlace)

TEATRO
Entregáronse tamén os premios de literatura dramática que convoca AGADIC e os gañadores son, do IX Manuel María de literatura dramática infantil, Carlos Labraña, por 'O valo', e do XIII Barriga Verde de textos para teatro de monicreques (modalidade infantil) Ignacio Vilariño, por 'Os golfiños e o xigante'. (+info)

MARÍA MOLINER
As bibliotecas de concellos de menos de 50.000 habitantes participaron nesta campaña de animación la lectura. En Galicia, as bibliotecas galardoadas foron as de Ares, Bergondo, Carballo, Culleredo, Miño, Oleiros, Ortigueira, Rianxo e Sada na Coruña; O Saviñao, Sober e Xermade en Lugo; Pereiro de Aguiar e Verín en Ourense, e O Grove, A Guarda, Moaña, Mos, O Porriño, Redondela, Soutomaior e Vilagarcía de Arousa en Pontevedra. Velaquí todas as bibliotecas premiadas.

sábado, 19 de novembro de 2016

Xornadas GÁLIX - Desfacendo a raia



A vindeira semana temos o pracer de celebrar, un ano máis, o acto propio de GÁLIX.

Nesta ocasión, ofrecémosvos as Xornadas DESFACENDO A RAIA, que terán lugar o venres 25 e o sábado 26 de novembro de 2016.

Vealquí toda a información sobre o evento:

DESFACENDO A RAIA

Lugar: Galería Sargadelos de Santiago de Compostela (Rúa Nova, 16)
Data: Venres 25 de novembro e sábado 26 de novembro

Contidos das sesións:

25/11/16
Sesión de mañá
10:30 Recepción e inauguración por parte do presidente de GÁLIX, Xosé A. Perozo.

11:00 - 12:00 Sesión de Contacontos con Alicia López (escritora e creadora dos Obradoiros de escrita en Santiago de Compostela)
Asistencia do alumnado do CEIP Monte dos Postes (Santiago de Compostela).

12:00 - 12:30 Pausa café

12:30 - 13:30 "A importancia de desfacer a raia". Conferencia inaugural a cargo de Eli Ríos (escritora e crítica literaria de A Sega).


Sesión de tarde
16:30 - 18:00 "Desfacendo a raia na escola" (mesa redonda)
Modera: Pilar Sampedro (docente)
Rocío Candales (profesora de Infantil no CEIP Apóstolo Santiago-Santiago de Compostela)
Valentina Formoso (profesora de Secundaria no IES Félix Muriel-Rianxo)

18:00 - 18:30 Pausa café

18:30 - 20:00 "Desfacendo a raia na escrita e na ilustración"  (mesa redonda)
Modera: Antía Marante (investigadora e crítica literaria)
Ilustración: Joana Estrela (ilustradora), Xosé Cobas (ilustrador)
Escrita: María Reimóndez (escritora), António José Gonçalves (escritor)

25/11/16
Sesión única de mañá
10:30 - 12:00 "Desfacendo a raia na edición e na crítica" (mesa redonda)
Modera: Montse Pena Presas (profesora USC)
Editoras: Helena Pérez (Edicións Xerais), Benedita Barros (Máquina de voar Editora)
Crítica: Carla Maia de Almeida (crítica literaria), Miguel Vázquez Freire (profesor e escritor)

12:00 - 12:30 Pausa café

12:30 - 13:30 Espectáculo musical con Uxía Senlle e Sérgio Tannus

13:30 - 14:00 Clausura


Non dubides en nos contactar se tes algunha pregunta.


Colaboran: OEPLI, Ministerio de Educación, Cultura e Deporte

xoves, 17 de novembro de 2016

Migallas presenta na Coruña o libro-disco Canta connosco!


Este sábado, 19 de novembro, ás 18:30, na libraría Moito Conto de A Coruña, Kalandraka e Migallas Teatro presentan Canta connosco!.

Cúmprense 20 anos do traballo discográfico orixinal, todo un revulsivo na música infantil en galego, que agora Kalandraka vén de publicar unha edición especial en formato libro-CD-DVD, ilustrado polo Premio Nacional Óscar Villán e con vídeos dirixidos por José Miguel Sagüillo.

Máis información na web de Migallas, na  web de Kalandraka e no seu evento de Facebook.

martes, 8 de novembro de 2016

Na nosa biblioteca (32)


Chegan ás librarías, e á nosa biblioteca, os gañadores dos Premios Xerais 2016:


Título: Todo o tempo do mundo
Texto: David Pérez Iglesias
Ilustracións: Marcos Viso
Editorial: Xerais
Colección: Merlín

Premio Merlín de Literatura Infantil 2016


Título: Xa non estou aquí
Texto: Iria Misa
Ilustración da cuberta: Miguel A. Vigo:
Editorial: Xerais
Colección: Fóra de xogo

Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil 2016
Reseña de Xa non estou aquí en Trafegando Ronseis aquí.

venres, 4 de novembro de 2016

Na nosa biblioteca (31)


Comezamos coas estreas de libros neste mes de novembro con estas novas obras de Kalandraka:


Título: Míster Magnolia
Texto e Ilustracións: Quentin Blake
Tradución: Xosé Ballesteros
Editorial: Kalandraka
Colección: Tras os montes

Medalla Kate Greenaway (1980) e Premio Red House Children’s Book (1981)



Título: Janosch : 5 quebracabezas
Ilustracións: Janosch [Horst Ecker]
Editorial: Kalandraka
Colección: Tras os montes



Título: Un monstro vén a verme
Texto: Patrick Ness, baseada nunha idea orixinal de Siobhan Dowd.
Ilustración da cuberta: Jim Kay
Tradución do inglés: Xesús Fraga
Editorial: Faktoria K de libros - Kalandraka

Premio The Red House, Premio National Galaxy, Medalla Carnegie ao Mérito Literario e Medalla Kate Greenaway ao Mérito Artístico.



xoves, 3 de novembro de 2016

Candidatos aos Premios Andersen 2018



A OEPLI, en colaboración co Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, vén de presentar as candidaturas de Alfredo Gómez Cerdá e Elena Odriozola ao Premio Hans Christian Andersen 2018.

Este premio, o máis alto recoñecemento internacional concedido a un autor vivo, é concedido polo IBBY dende 1956.

En xaneiro coñecerase a lista definitiva dos candidatos propostos por todas as seccións do IBBY.

Máis información na web do IBBY e nesta nota de prensa.

mércores, 2 de novembro de 2016

Este libro encantoume! (novembro)


Xa está dispoñible na web da OEPLI, neste enlace, a reseña de Poemas birollos para ler cos ollos, de Fran Alonso, o libro que recomendamos este mes para a sección "Este libro encantoume".

Consulta anteriores recomendacións seleccionando data, sección, autor ou editorial na web da OEPLI.