Mañá, mércores 19 de outubro, Antonio Sandoval presentará a súa nova obra, A árbore da escola. Será na libraría Moito Conto da Coruña a partir das 19:00 horas.
Trátase dun álbum infantil, ilustrado polo Premio Nacional Emilio Urberuaga, que conta a relación entre un neno e unha pequena árbore que vai medrando no patio do colexio grazas ao agarimo que recibe do rapaz e ao afecto doutros compañeiros que seguen o seu exemplo.
A presentación, dirixida a público infantil e familiar, contará coa colaboración do músico Paco Nogueiras.
Máis información do evento en Facebook aquí //
Entrevista a Antonio Sandoval no programa ZigZag da TVG aquí
Recencións: Brabádegos / Trafegando Ronseis / Caderno da Crítica
0 comentarios:
[Comentario blog]