Rematamos outubro con poucas novas para compartir con vós, pero queremos aproveitar para compartir non só unha entrevista ao noso socio e tesoureiro Antonio M.Fraga senón tamén para recopilar todas as entradas do blog deste mes e desexarvos un feliz outono! E feliz Samaín!
Novas:
- XIII Curso de Formación. A LIX. Relacións texto-imaxe. Obras imprescindibles para o ensino primario e secundario sobre a representación do mundo árabe na LIX, no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. Biblioteca Afundación os días 11, 12 e 18 de novembro.
Entrevistas:
- Entrevista a Antonio M. Fraga en Biosbardia.
Máis deste mes no blog de GÁLIX:
- Ciclo de Literatura Infantil e Xuvenil en Ourense.
- Novidades para a nosa biblioteca da man de Xerais, Kalandraka, Rodeira-Edebé, Sushi Books, Hércules Edicións, ademais do catálogo da obra de Agustín Fernández Paz a versión en papel da Guía Ninja do Ilustrador.
- Héctor Cajaraville gaña o 7º Premio Meiga Moira.
- Teño uns pés perfectos entra na selección White Ravens 2016.
- Presentación de A Árbore da Escola en Moito Conto.
- Celebración do Día da Biblioteca o 24 de outubro.
0 comentarios:
[Comentario blog]