Héctor Cajaraville Araujo vén de gañar o 7.º Premio Meiga Moira 2016 de Literatura Infantil-Xuvenil convocado por Baía Edicións.
O Xurado, formado polas escritoras Andrea Maceiras e Conchi Regueiro, María Dores Fernández López, profesora de Ensino Medio de Lingua e Literatura Galega na Coruña, a tamén escritora Marica Campo, que actuou de Presidenta, e a directora editorial de Baía Edicións, María Belén López Vázquez, como secretaria, reunido o martes día 11 de outubro de 2016 resolveu conceder por unanimidade o 7.º Premio Meiga Moira de Literatura Infantil-Xuvenil á obra presentada baixo o lema “Briolanxa”, correspondente á presentada polo escritor compostelán Héctor Cajaraville Araujo, que leva como título Denébola a Roxa e que vai dirixida a lectores a partir de 12 anos.
A obra será publicada por Baía Edicións na súa colección Meiga Moira antes de finalizar o ano e o autor recibirá o premio de 2.500 euros.
0 comentarios:
[Comentario blog]