Durante o mes de outubro e ata o 9 de novembro, a Facultade de Ciencias da Educación de Ourense acollerá o Ciclo de Literatura Infantil e Xuvenil "Música e poesía dende a primeira infancia", unha actividade realizada coa colaboración da AELG .
Velaquí a súa programación. Máis información neste enlace.
- 5 outubro | Montse Rivera | A tradición oral nas aulas
- 11 outubro | Antonio García Teijeiro | A poesía e a música nas aulas: unha necesidade e un reto
- 19 outubro | Uxía Domínguez Senlle | A música, universo suxestivo para a infancia
- 26 outubro | Elvira Riveiro Tobío | A poesía que queremos
- 2 novembro | Fran Alonso | Poesía, a música da vida
- 9 novembro | Susa Herrera | Músicas agochadas
0 comentarios:
[Comentario blog]