venres, 30 de setembro de 2016

Presentación e sinatura con Ledicia Costas e Víctor Rivas


Mañá, sábado 1 de outubro, a partir das 12:00, Ledicia Costas e Víctor Rivas estarán en Vigo, na libraría Banda Deseñada, de Vigo,  presentando Esmeraldina, a pequena defunta e asinando exemplares.

Unha cita ineludible da que podedes saír con debuxos tan chulos coma este que amosa Víctor Rivas na súa páxina de Facebook:

mércores, 28 de setembro de 2016

Novas da LIX (5)



Tras un merecido descanso (mesmo se puido facerse longo dende fóra!), volvemos á carga para traervos a actualidade da LIX. Así, pechamos setembro con algunhas das novas que non queremos que vos perdades e tamén con entrevistas moi interesantes a Ledicia Costas, Iria Misa e María Canosa. Arrancamos!